domingo, 8 de marzo de 2020

#ODS 2- FAME CERO

Durante esta semana continuamos coas lecturas da Axenda 2030, tocounos o obxectivo 2, "Fame cero" e a lectura escollida foi "Hambre de Lobo", aquí están as imaxes e a actividade que realizamos a continuación. Zoe, axudada polas compañeiras de 4º, foi a encargada de levala a cabo.

Zoe facendo a lectura:


Nalgunha ocasión móstranos as ilustracións do libro:

Nesta lectura un lobo melancólico transmítenos a angustia de sentir fame, de non ter que comer...  a aparición dun coello burlón fai que a través dun humor mordaz e intelixente nos enfrente a unha ensinanza onde a condición de villano é moi relativa. En definitiva , todos precisamos comer.

Ao rematar a lectura Zoe trasládanos a situación que se vive nun país africano , Níger.
Na pantalla aparece proxectada unha imaxe da pirámide alimenticia do noso país, e nun panel observamos a pirámide de Níger.Zoe vai preguntando ó alumnado que lles chama a atención e que diferencias observan.
A ausencia de alimentos que proporcionen á poboación de Níger proteínas, vitaminas... fai que sexa un dos países que máis sufre a DESNUTRICIÓN INFANTIL
A ONG "Médicos sin fronteras" realiza unha labor importantísima logrando que ata alí cheguen suplementos que cubran estas carencias. Zoe móstranos o MUAC , que sirve para medir o perímetro do brazo dos nenos e nenas e detectar a desnutrición.


A proposta que facemos é colocar por todo o cole os MUAC, en lugares visibles que nos fagan ter presente este grave problema.




E finalizamos con esta imaxe, facendo fincapé na importancia dos depredadores nos ecosistemas como reguladores dos mesmos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario