lunes, 20 de diciembre de 2021

Felicitación "Camiño de... Santiago"

Como estes últimos anos realizamos unha felicitación , nesta ocasión percorremos o camiño a Santiago desfrutando dos lugares pero tamén dalgunha visita inesperada!!!O mellor é a felicitación dos nosos particulares elfos de Infantil!!! Esperamos que vos guste!

Postais 21-22

Como cada ano compartimos as postais gañadoras de cada curso!!!

A postal de Lúa de 3º será  a que represente o centro.

 Elena -Infanttil

 Hugo 1º

 Alejandro 2º 

Sara 4º


 Alba 5º


 

Zoe 6º




sábado, 18 de diciembre de 2021

Recomendacións lectoras - Nadal 21-22

A continuación compartimos as recomendacións lectoras para este Nadal pero antes queremos mostrarvos a dedicatoria para o alumnado de Louro nun libro moi especial para nós, "Alén do azul" que nos serviu de guía na investigación que comezamos este trimestre sobre a recuperación das algas laminarias na  Ría de Muros, sen dúbida este traballo que Sara Carrasco e Silvia Iglesias fixeron con este libro sobre a Ría de Vigo mergullounos de cheo nas "profundidades" do coñecemento que o noso entorno nos ofrece, esperamos que chegue este Nadal ás vosas casas.


 Recomendacións:

jueves, 2 de diciembre de 2021

Célula vexetal e animal

Unha vez realizadas as maquetas das células realizamos unha actividade de expresión oral na que o noso alumnado explica as característiacs principais e as diferenzas entre as dúas células, nesta entrada mostramos algunha das explicacións.

Este traballo senta a base para coñecer outro  reino, o  das algas, en concreto as laminarias da nosa ría, a ría de Muros-Noia, que será un dos proxecto que desde xa desenvolveremos durante este curso en relación co proxecto anual "Navegando o Camiño" .

Marta Formoso -6º

 
Marta Fernández-6º
 
 
 
Erea- 5º

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N-Día internacional contra a violencia machista

 Durante esta semana o alumnado das diferentes aulas acudidu á biblioteca a desfrutar dos seguintes obradoiros:


 


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Charla de CIBERSEGURIDADE

O alumnado da aula mixta de 4º, 5º  e 6º de ED. Primaria participou nunha charla online  sobre Ciberseguridade da man de Bernardo Viqueira, hacker profesional, e organizada por Afundación.

 Este encontro tivo como obxectivo tomar conciencia do que realmente significa a pegada dixital,
tanto desde unha mirada ao presente coma pensando no futuro. 


 

 


 


Magosto

Onte, 16 de novembro ,desfrutamos dun día de xogos ó aire libre despois de degustar unhas castañas asadas. A ANPA do colexio de Louro encargouse de contratar a 3 persoas que asaron as castañas e nolas serviron ben quentiñas, estaban riquísimas.

Deixamos unha mostra do día cos diferentes xogos ,o patio estaba precioso mostrándonos as cores do outono!!!

martes, 2 de noviembre de 2021

A estraña visita no Samaín de Louro

O alumnado de 6º de ED. Primaria encargouse de deseñar as actividades que se levaron a cabo o día que celebramos o Samaín en Louro:

O día comezaba así:



 E estas son as actividades:

  • Lecturas de medo

Seleccionamos os seguintes libros para realizar as lecturas nos diferentes cursos :

A lectura de "A estraña visita" realizouse na biblioteca e que sorpresa nos levamos!! o monstro do libro apareceu e ata se sacou fotos con nós!!!!!!!!!



Para a lectura dunha das historias do libro "¡Socorro!" foi importante crear un ambiente tenebroso...


  • Na procura das cabazas                                                                                                             Nesta actividade os alumnos entraban nun aula na que estaban agochadas 9 cabazas e debían atopalas, a última costounos moito atopala!
 

  • Galletas terroríficas
As alumnas de 6º elixiron esta sinxela receita porque nunca se sabe, se aparece un monstro que te quere comer é importante saber elaborar un prato que esté máis rico ca ti!!!! .
 

As cantidades son para 4 persoas polo que xa na clase de matemáicas calculamos as cantidades para grupos de 6, 10 e 12 persoas.


E aquí temos unha fotos do proceso, grazas a Maricarmen e a María pola colaboración!!!
 
Coma outros anos fixemos exposición das cabazas!!!
 

As cabazas gañadoras elixidas polo voto de todos os alumnos foron as de:
-Rosalía de ED. Infantil
-Rodrigo, da aula de 1º, 2º e 3º de ED.Primaria
-Sara, da aula de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.
 
            
 
Relatos de terror gañadores, anímate a lelos!!! 
                                                                                                    

Limpeza da praia de San Francisco

 Colgaremos as imaxes

lunes, 18 de octubre de 2021

Trailer "Navegando o Camiño"

 A continuación mostrámosvos o trailer do proxecto documental integrado para este curso 21/22.


Maqueta-Célula vexetal e animal

No noso camiño para o coñecemento dos ecosistemas comezamos pola base de todos os organismos vivos, a célula.

Aquí vos iremos mostrando o proceso de elaboración das maquetas polo alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.

Maqueta Célula Vexetal:

 

Maqueta Célula Animal

Ola Outono!

Que mellor forma de dar a benvida ó outono que facer unha saída polo entorno do noso cole , mirade este vídeo do alumnado de Infantil, cantas cousas fixeron!!


domingo, 17 de octubre de 2021

Curso 21-22

 Benvidos a todos/as a este novo curso!!!


 O primeiro día de clase preparamos a seguinte actividade coa que quixemos dar algunhas pistas do que será o proxecto anual deste ano, pero... a que ven todo isto?

ACTIVIDADE INTRODUTORIA 

 

lunes, 28 de junio de 2021

Revista dixital-EDLG

A través desta revista dixital queremos deixar constancia das actividades que se desenvolveron coa participación do EDLG.

sábado, 26 de junio de 2021

Lecturas verán 2020-21

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán , están feitas coa intención de que atopedes algún libro que vos guste e  que vos faga pasar un bo rato!!!

Final de curso!

Chegamos ó ultimo día de clase, facemos un bo balance do curso a pesar das circunstancias, nun cole coma o noso a parte de ter que levar posta a máscara poidemos desfrutar de bastante normalidade grazas ós espazos cos que contamos e a ese marabilloso patio que temos.

No sabiamos moi ben que facer o úlimo día e os rapaces/as demóstrannos unha ve máis que ás veces o máis sinxelo pode ser o máis divertido porque quizáis eles non son conscientes aínda de que compartir momentos coa xente, amigos/as, compañeiros/as que queres, cos que estás a gusto, non ten prezo, aquí vos mostramos un resumo do noso último día!!!!

martes, 22 de junio de 2021

"Un paseo por primaria"-Despedida alumnado de 6º

Con este vídeo queremos mostrar so un exemplo dalgúns momentos compartidos, porque hai moitos máis e desexar que se cumpran as palabras de María Montessori coas que o rematamos.

miércoles, 9 de junio de 2021

Ditos e refráns sobre o cultivo

Hai un coñecemento na xente de máis idade do noso pobo , resultado da transmisión oral e da súa experiencia e contacto directo coa terra, que supón unha riqueza e unha fonte de sabedoría que é necesario preservar.

En colaboración co EDLG levamos a cabo a recollida de ditos e refráns relacionados co cultivo, na maioría dos casos foron as avoas e avós os que nolos achegaron , aquí deixamos  unha mostra:

Maquetas Ecosistemas

Aquí mostramos as maquetas de diferentes ecosistemas elaboradas polo alumnado de 1º, 2º e 3º de ED. Primaria. 

POLO NORTE

 

BOSQUE

Imos incluir outro elemento artificial nesta maqueta... 

MONTAMOS UNHA TIROLINA

 A rapazada de 1º non para un minuto , son uns verdadeiros rastreadores do terreo do noso patio, mirade o que se lles ocorreu facer co que foron atopando, encantounos!!!!

martes, 8 de junio de 2021

Día Mundial dos Océanos

Hoxe celébrase o día mundial dos océanos!


Quixemos participar na proposta de "Teachers for future" con este vídeo onde o alumnado de Infantil envía estas mensaxes na que nos recomendan que facer para non contaminar e protexelos, os murais que aparecen no vídeo  realizáronos os alumnos de 1º, 2º e 3º coa profe Elvira na clase de plástica e o alumnado de Infantil coa profe Candi.

 

Por participar recibimos estes lapis que se convretirán nunha planta: 


 

viernes, 4 de junio de 2021

Paspallás na biblio

Pois si , que mellor sitio para nacer que a biblio do noso cole, grazas ó profe Jose Ramón podemos desfrutar dunha experiencia como esta , e que emoción nas palabras dos rapaces!!!a verdade é que son ben bonitos!!!e velos saír do cascarón en directo non ten prezo!!!

PROCESO

Incubación e nacementos

 

 Outros coidados

 

ENTREGA Ó ALUMNADO

Varios alumnos/as recolléndoos para levar a casa


 

CONSELLOS

XA ESTÁN NAS CASAS!!! 


 




martes, 1 de junio de 2021

Robótica en Infantil

Os nosos peques non ían ser menos e despois de probar os escornabots decidimos integrar o rato robot para  garantir a utilización das tarxetas coas que deseñan o percorrido, aquí está unha mostra de como utilizaron os robots este curso.

INFANTIL 3 COS ESCORNABOTS

Non pasaba nada se non chegaban ó destino, subíanse á mesa e todo arranxado.

 INFANTIL 4

Aquí xa se atreven cos circuítos!!

 INFANTIL 5

Unha vez experimentado cos escornabots ...

Introducimos o rato-robot.

 

lunes, 17 de mayo de 2021

Xela tradutora: "Unha viaxe a través das linguas"

Unha vez presentada a figura de Xela Arias ó noso alumnado decidimos realizar unha actividade con todas as aulas en relación a súa faceta como tradutora.

 Xela levou a acabo a tradución de libros de Roald Dahl e Gianni Rodari.

Aproveitando o libro de Gianni Rodari " Que fai falta?" da Editorial Kalandraka, que garda relación coa nosa temática anual , viaxaremos a Inglaterra e Italia a través das linguas.

Comezamos coa aula de Infantil que realiza a lectura en galego:

 

Continuamos coa aula de 1º, 2º e 3º que o traducen ó castelán:

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria fai a tradución ó inglés:

Pero o alumnado de 1º, 2º e 3º quere facer unha homenaxe tamén a Gianni Rodari así que nos canta o libro en italiano:

 

E Alma e Martina que nos deleitan "a capella" coa letra de toda a canción en italiano


XIV Concurso Literario "Laxe das Rodas"

Convocamos o XIV concurso literario "Laxe das Rodas" , compartimos as historias seleccionadas de cada curso.

Concurso Literario "Letras Galegas"-EGAP

No primeiro trimestre deste curso participamos na convocatoria realizada pola EGAP, Escola Galega da Administración Pública, para alumnado maior de 10 anos ,na que debían presentar unha historia de temática libre en galego. Desde a área de Lingua Galega seleccionáronse varios relatos que remitimos ó concurso.

O ano pasado Naira, de 6º de Primaria, resoltou gañadora , este curso participaron: Alba de 4º, Marta Fernández, Marta Formoso e Inés Beiro de 5º de ED. Primaria e Adriana  de 6º.


lunes, 26 de abril de 2021

#ODS 7- ENERXÍA ACCESIBLE E NON CONTAMINANTE

 A natureza sempre nos ensina , a través deste libro e dos vagalumes aprendemos a importancia da luz, da amizade, e do marabillosa que é a natureza.

Xaime fainos a lectura do libro:


A temática deste obxectivo anímanos a realizar unha actividade onde realizaremos un circuíto sinxelo que de luz ós nosos vagalumes, imos ver como o facemos:

1º- Realizamos o circuíto con cinta adhesiva de cobre , un led e unha batería.


 Queda así:


Imos probando a ver se funciona:





E agora imos poñer a cartulina co vagalume




E aquí as fotos dos vagalumes alumeando:





#ODS 9- INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA

 E o pobre lobo que so quería atopar wifi... logrará tela?, un conto hábil que introduce outros contos tradicionais que imos recoñecendo, unha renovación da imaxe do lobo sen dúbida.

Óscar foi o encargado de facer a lectura:

Imos axudar ó pobre lobo, debedes deseñar un móbil, tablet ou dispositivo para que poda conectarse.




#ODS 11- CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES

 Para traballar este obxectivo faremos a lectura do libro "Nada de Nada " para facer consciente ó noso alumnado do impacto na paisaxe da acción humana.



David encárgase da lectura:


 A actividade que realizamos é facer diferentes construcións con materiais diversos:




#ODS 14- VIDA SUBMARINA

Decidimos elixir o libro "Versos del mar" para traballar este obxectivo a través  da poesía , aquí mostramos a lectura dun dos poemas que escolleu Marta que mostra a defensa da vida submarina en verso.


 

domingo, 25 de abril de 2021

#ODS 3-SAÚDE E BENESTAR

As últimas investigacións insisten na importancia de que a base da nosa alimentación sexa a verdura e a froita, que mellor mostra que visistar "A horta de Simón" e aprender a analizar diferentes platos. Inés fai a lectura do libro.

Analizamos receitas , que ingredientes levan?, cal destes platos leva so produtos da horta?

Caldo galego

Ensaladilla rusa


Ensalada


Aquí vemos como o fixeron: