jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N-Día internacional contra a violencia machista

 Durante esta semana o alumnado das diferentes aulas acudidu á biblioteca a desfrutar dos seguintes obradoiros:


 


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Charla de CIBERSEGURIDADE

O alumnado da aula mixta de 4º, 5º  e 6º de ED. Primaria participou nunha charla online  sobre Ciberseguridade da man de Bernardo Viqueira, hacker profesional, e organizada por Afundación.

 Este encontro tivo como obxectivo tomar conciencia do que realmente significa a pegada dixital,
tanto desde unha mirada ao presente coma pensando no futuro. 


 

 


 


Magosto

Onte, 16 de novembro ,desfrutamos dun día de xogos ó aire libre despois de degustar unhas castañas asadas. A ANPA do colexio de Louro encargouse de contratar a 3 persoas que asaron as castañas e nolas serviron ben quentiñas, estaban riquísimas.

Deixamos unha mostra do día cos diferentes xogos ,o patio estaba precioso mostrándonos as cores do outono!!!

martes, 2 de noviembre de 2021

A estraña visita no Samaín de Louro

O alumnado de 6º de ED. Primaria encargouse de deseñar as actividades que se levaron a cabo o día que celebramos o Samaín en Louro:

O día comezaba así:



 E estas son as actividades:

  • Lecturas de medo

Seleccionamos os seguintes libros para realizar as lecturas nos diferentes cursos :

A lectura de "A estraña visita" realizouse na biblioteca e que sorpresa nos levamos!! o monstro do libro apareceu e ata se sacou fotos con nós!!!!!!!!!



Para a lectura dunha das historias do libro "¡Socorro!" foi importante crear un ambiente tenebroso...


  • Na procura das cabazas                                                                                                             Nesta actividade os alumnos entraban nun aula na que estaban agochadas 9 cabazas e debían atopalas, a última costounos moito atopala!
 

  • Galletas terroríficas
As alumnas de 6º elixiron esta sinxela receita porque nunca se sabe, se aparece un monstro que te quere comer é importante saber elaborar un prato que esté máis rico ca ti!!!! .
 

As cantidades son para 4 persoas polo que xa na clase de matemáicas calculamos as cantidades para grupos de 6, 10 e 12 persoas.


E aquí temos unha fotos do proceso, grazas a Maricarmen e a María pola colaboración!!!
 
Coma outros anos fixemos exposición das cabazas!!!
 

As cabazas gañadoras elixidas polo voto de todos os alumnos foron as de:
-Rosalía de ED. Infantil
-Rodrigo, da aula de 1º, 2º e 3º de ED.Primaria
-Sara, da aula de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.
 
            
 
Relatos de terror gañadores, anímate a lelos!!! 
                                                                                                    

Limpeza da praia de San Francisco

 Colgaremos as imaxes