martes, 25 de febrero de 2020

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
Poderán participar rapaces e rapazas de 9 a 12 anos. A temática é libre e deberá ter unha extensión de entre 1 e 5 carillas.
De todas as historias presentadas seleccionamos as seguintes:
" A sorte do gato" de Marta Fernández, 4º de ED. Primaria


Publish at Calameo

"A ambición" de Naiara Aguiar, 5º de ED. Primaria

Publish at Calameo

"Buscando a maxia " de Iria Cabanas, 6º de ED. Primaria

jueves, 20 de febrero de 2020

#ODS 1- FIN DA POBREZA

Comezamos co primeiro ODS , "Fin da pobreza", cunha lectura que nos presenta unha historia poderosa, chea de tenrura e humanidade sobre a realidade dos refuxiados, "La maleta".

Iria , alumna de 6º de ED.Primaria é a encargada da lectura e a actividade.
Que atentos!!!

A lectura do libro  conecta inmediatamente coas nosas EMOCIÓNS. A posibilidade de pensar na perda do noso fogar, de non ter un lugar onde ir.., nos levou a  realizar unha dinámica de cohesión de grupo que precisamente tamén se chama "La maleta" e que desenvolvemos da seguinte forma:

Iria mostrounos a súa elección e a verdade e que nos encantou a todos:
A familia(fotografía cos seus curmáns), a música e o seu gatiño "Simba" (foto).

 Agora cada un debe pensar en tres cousas que meterían nesa maleta...

Aquí temos algunhas!
 Ao rematar reflexionamos sobre as causas da pobreza:
O mundo animal tamén sofre as causas da pobreza...
No seguinte obxectivo, "Fame cero" , Zoe, alumna de 4º de ED. Primaria, será a encargada de facer a lectura e a actividade, xa o estamos desexando!!!

martes, 11 de febrero de 2020

Programación radiofónica "O Show do CEIP de Louro"

Aquí podedes consultar a parrilla coa programación do especial de radio da aula de 1º, 2º e 3º de primaria, con tódolos programas e retransmisións en podcasts online.

- Especial debate : a caza do raposo.
- Noticias e actualidade. Daniela Lado, Alba Fernández e Erea Fuentes.
- Deportes. Martina Fernández, Hugo Domínguez.
- Concurso radiofónico. Sabes tanto coma o alumnado da nosa aula? Alumnado de 3º.
- Recomendacións de carteleira. Alma Blanco.
- Anuncios publicitarios. Alumnas de 2º.
- Humor. Óscar Lado.
- O tempo. Alumnas de 2º.
- Adiviña que te adiviñarás. Alumnado de 1º.

domingo, 9 de febrero de 2020

17 lecturas para 17 ODS

Esta semana puxemos en marcha a actividade " 17 lecturas para 17 ODS".

Será levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º de primaria que  forma parte do programa "Bibliotecas escolares solidarias". Como o noso centro ten aulas mixtas de 3 cursos, varias alumnas de 4º de primaria formarán parte do desenvolvemento da mesma.
O primeiro que fixemos foi unha reunión para presentar a actividade e coñecer os ODS, obxectivos de desenvolvemneto sustentable, da Axenda 2030.

A continuación expoñemos como se desenvolverá a actividade:
  • Cada alumno/a se encargará dun obxectivo.
  • Se levará a cabo unha lectura ás 3 aulas do centro (por separado).
  • As lecturas, seleccionadas polo equipo da biblioteca, terán como protagonistas a animais e plantas, en relación coa temática anual.

  • En reunións co alumnado voluntario se deseñará unha pequena actividade a desenvolver para despois da lectura.



domingo, 2 de febrero de 2020

Día da Candeloria

O Día das candeas ou Día da Candeloria celébrase hoxe 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, como di o dito, "pola candeloria, medio inverno vai fóra", no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido da vida que está a chegar.

A partir da candeloria , ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

Ambientamos o colexio:


Día da Paz pola defensa dos raposos

O pasado xoves 30 de Xaneiro celebramos o "Día da Paz e a non violencia". Con motivo desta conmemoración e tendo en conta a temática anual adicamos o día a coñecer e profundizar no tema das "Batidas de raposos". Foron varias as actividades que realizamos e que a continuación vos mostramos.
Durante a semana investigamos sobre os diferentes tipos de raposos que habitan o planeta e que están adaptados ó seu hábitat.
 Localizámolos nun mapa:

Realizamos un DEBATE RADIOFÓNICO sobre "As batidas dos raposos"


E preparamos unha presentación para o día da Paz sobre os diferentes tipos de raposos:

Despois de ver un vídeo no que se nos daban os pasos para realizar un raposo distribuímonos en varias mesas da biblioteca e realizamos esta actividade:







 Aquí está o resultado, aínda que non o pareza non hai 2 iguais!!!!