martes, 21 de junio de 2022

Presentación "A vida na Grecia clásica"

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Alfonso Blanco ,membro da nosa comunidade educativa e autor do libro "A vida na Grecia clásica".

A través dunha presentación Alfonso foi mostrando ó noso alumnado aspectos da cultura grega: localización,  alfabeto, organización da sociedade, arquitectura, música,  deuses...resultounos moi interesante e didáctica.





miércoles, 15 de junio de 2022

Obradoiro LEGO

Hoxe fixemos un obradoiro LEGO cada equipo tiña unha peza para construír adaptada á súa idade , encántanos velos así!!!

domingo, 12 de junio de 2022

Por que flotan os barcos?

Un concepto que nos parece interesante que o noso alumnado experimente é o da densidade, para iso aplicaremos o método científico e a partir da pregunta "Por que flotan os barcos? " estableceremos hipóteses que intentaremos demostrar.

Deixamos aquí a mostra dos experiementos que levamos a cabo na biblioteca: 

 Laranxa con pel e sen pel

 

Por que non se mesturan?

 

Con sal , sen sal

Flotar: cuestión de forma

 

jueves, 9 de junio de 2022

O Camiño-Lapbook

Pero que é o Camiño? a resposta a esta pregunta traballárona os rapaces coa profe Maricarmen ,elaborando un Lapbook con múltiples pestanas onde aparece a información.




martes, 7 de junio de 2022

Deseño con Tinkercad

O alumnado de 6º realiza co seu titor o deseño dun castelo en 3D para aprender a utilizar Tinkercad, aplicación en liña que permite o deseño en 3D.


 Aquí podemos ver un vídeo durante o proceso de deseño.


 E aquí comeza a impresión:



Sementamos guindillas

 O alumnado de Infantil explícanos paso a paso como sementar guindillas!!


Semana Cultural: " Aprendo a coidar corpo e mente"

 A ANPA do noso centro organizou para estes últimos días de curso unha semana cultural co lema "Aprendo a coidar corpo e mente" cunha selección de actividades que mostramos a continuación:

Contacontos


 



jueves, 2 de junio de 2022

Role playing

Este ano na área de inglés, Javi e a nosa auxiliar lingüística levaron a cabo a actividade de "role playing" na que o noso alumnado escenifica diferentes situacións  empregando diferentes expresións e vocabulario.

Alma e Lúa no médico:


Alumnado de 4º, 5º e 6º no restaurante:






Actividades na mesa de luz

 Este ano incorporamos na nosa biblioteca a mesa de luz e encántannos as creacións do noso alumnado!

Benvida primavera!


Louro que bonito é!!