sábado, 31 de diciembre de 2022

Recomendacións Lectoras Nadal 22

 Compartimos as recomendacións lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten!!!

Postais de Nadal

Con esta postal queremos desexarvos a todos un feliz 2023!

No cole as postais de Nadal realizámolas aplicando todo o aprendido,  quedaron presiosas mirade!!!

Introdución á costura

 As mans expertas das mulleres da nosa comunidade chegan ó cole de Louro, traen todo preparado e nós estamos desexando aprender delas!!!

25N- A evolución humana - Rachando co nesgo androcéntrico

A partir da análise de libros que temos na nosa biblioteca e facendo unha procura na rede sobre a evolución humana podemos observar que a imaxe predominante é a da evolución do home, a muller non aparece, polo que decidimos elaborar as nosas secuencias evolutivas integrando a imaxe da muller.

Novembro - Mes da Ciencia - Introdución á electrónica, circuítos

Durante este mes levamos a cabo á introdución á electrónica e ós circuítos partindo da mirada dos nosos ancestros ó ceo, e dos seus coñecementos astronómicos.

Formación e-téxtiles - 1º Trimestre

 Deixamos un resumo das sesións de formación cos e-téxtiles.

Samaín 2022

Este ano propuxemos ás familias e alumnado o tallado tradicional, e que as cabazas representasen caveiras cunha candea dentro, recuperando á orixe da celebración castrexa.

Exposición de cabazas:


Lecturas :





Prehistoria

 Realizamos diferentes actividades para comprender a prehistoria, comezamos co Paleolítico.

Lecturas 1º Trimestre

 Nas aulas fixemos unha selección de libros sobre a temática do proxecto "Petrotéxtiles".

Saída I - Laxe das Rodas

Realizamos unha visita nocturna ós petrogligos de Laxe das Rodas.

Todas as familias do cole nos acompañaron nesta visita nocturna guiada , sen dúbida unha experiencia máxica ver o petróglifo de Laxe das Rodas de noite.




sábado, 26 de noviembre de 2022

Actividade Introdutoria II - Costura

Outra das actividades que fixemos foi encamiñada a introducir a costura, moistos xa se engancharon!

A forma circular lembra ós petróglifos de "Laxe das Rodas".

Actividade Introdutoria I - Liña do tempo

O primeiro día de clase realizamos a seguinte actividade para introducir a temática do proxeto:

 

-Organizamos a todo o alumnado do cole en grupos.

-A cada grupo  se lle entragaba un plano do centro no que se sinalaba unha das aulas.


-Despois de debater de que aula do centro se trataba tiñan que ir a esa aula e atopar un sobre que estaba agochado.

-O sobre contiña 6 tarxetas que se correspondían coas 5 épocas históricas: Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea.

-En grupos identificaban as etapas coas tarxetas.

-Todos xuntos fixemos unha "Liña do tempo".





Curso 22-23

Iniciamos este novo curso con moita motivación para desenvolver o proxecto "PETROTEXTILES" no que integraremos todos os programas do centro.

 

Desenvolverase a partir de tres eixos que se irán combinando ó longo de 2 cursos e que darán lugar a variados produtos:


  • O noso patrimonio arqueolóxico -Petróglifos -"Laxe das Rodas"
  • Costura- Mans expertas das mulleres da nosa comunidade educativa
  • E-téxtiles

martes, 21 de junio de 2022

Presentación "A vida na Grecia clásica"

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Alfonso Blanco ,membro da nosa comunidade educativa e autor do libro "A vida na Grecia clásica".

A través dunha presentación Alfonso foi mostrando ó noso alumnado aspectos da cultura grega: localización,  alfabeto, organización da sociedade, arquitectura, música,  deuses...resultounos moi interesante e didáctica.





miércoles, 15 de junio de 2022

Obradoiro LEGO

Hoxe fixemos un obradoiro LEGO cada equipo tiña unha peza para construír adaptada á súa idade , encántanos velos así!!!

domingo, 12 de junio de 2022

Por que flotan os barcos?

Un concepto que nos parece interesante que o noso alumnado experimente é o da densidade, para iso aplicaremos o método científico e a partir da pregunta "Por que flotan os barcos? " estableceremos hipóteses que intentaremos demostrar.

Deixamos aquí a mostra dos experiementos que levamos a cabo na biblioteca: 

 Laranxa con pel e sen pel

 

Por que non se mesturan?

 

Con sal , sen sal

Flotar: cuestión de forma

 

jueves, 9 de junio de 2022

O Camiño-Lapbook

Pero que é o Camiño? a resposta a esta pregunta traballárona os rapaces coa profe Maricarmen ,elaborando un Lapbook con múltiples pestanas onde aparece a información.




martes, 7 de junio de 2022

Deseño con Tinkercad

O alumnado de 6º realiza co seu titor o deseño dun castelo en 3D para aprender a utilizar Tinkercad, aplicación en liña que permite o deseño en 3D.


 Aquí podemos ver un vídeo durante o proceso de deseño.


 E aquí comeza a impresión:



Sementamos guindillas

 O alumnado de Infantil explícanos paso a paso como sementar guindillas!!


Semana Cultural: " Aprendo a coidar corpo e mente"

 A ANPA do noso centro organizou para estes últimos días de curso unha semana cultural co lema "Aprendo a coidar corpo e mente" cunha selección de actividades que mostramos a continuación:

Contacontos


 



jueves, 2 de junio de 2022

Role playing

Este ano na área de inglés, Javi e a nosa auxiliar lingüística levaron a cabo a actividade de "role playing" na que o noso alumnado escenifica diferentes situacións  empregando diferentes expresións e vocabulario.

Alma e Lúa no médico:


Alumnado de 4º, 5º e 6º no restaurante:






Actividades na mesa de luz

 Este ano incorporamos na nosa biblioteca a mesa de luz e encántannos as creacións do noso alumnado!

Benvida primavera!


Louro que bonito é!!



domingo, 22 de mayo de 2022

Holi Hai

O venres 20 de maio aproveitando que iamos ter un día soleado , celebramos a festa " Holi ".

Esta festividade celébrase na India, país do que procede  a nosa auxiliar lingüística , Surbhi, coa que estamos a descubrir a cultura do seu país.

Resultou unha experiencia divertidísima ,encantounos poder celebrar esta festa que da a benvida a primavera con ese abano de polvos de cores.


Aquí deixamos un vídeo resumo:

martes, 17 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriarán: O poeta que cruzou o Océano

 

En relación coa temática anual do noso proxecto queremos compartir a imaxe deste barco que enlaza coa publicación feita pola Real Academia Galega á páxina "Primavera das Letras" .Accederedes á narración feita por Ledicia Costas sobre a parte da vida de Florencio Delgado Gurriarán na que como moitos outros galegos tivo que fuxir de Galicia polas súas ideas.

É importante coñecer a nosa historia e figuras coma a de Florencio que defenderon sempre a nosa lingua.



Proxecto :"Navegando a vela"

Durante este último trimestre centrámonos na posibilidade de facer a ruta xacobea desde Baiona ata Portosín a vela,para despois seguir ata Santiago, deixamos aquí unha mostra das actividades realizadas.


 

A través da actividade presentada na aula virtual cos nosos ordenadores Edixgal imos facendo a ruta marítima:


Facemos unha parada no Illote con GOOGLE MAPS:



martes, 26 de abril de 2022

IMPRESIÓN 3D-Peza de proba

Que emoción !!! Despois de todo o proceso de montaxe no que o alumnado de 6º ,do programa de voluntariado,  lle prestara a súa colaboración ó profe Javi...


 estabamos espectantes por ver  a primeira peza da nosa impresora 3D!!! E tras algún intento...

saiu a peza de proba!!!!




jueves, 21 de abril de 2022

Dia do libro - Que conto imos ler?

A continuación mostramos o cartel coa proposta para o "Día do Libro",este curso tendo moi presente o lema das Bibliotecas Escolares  damos o protagonismo á palabra , á oralidade.

 

Alumnado de Infantil recítanos unha poesía:

E algunhas das lecturas coas que desfrutamos: 


 

miércoles, 20 de abril de 2022

Koha, titoriais do alumnado

O noso centro levou a cabo a migración do programa de xestión MEIGA a Koha no primeiro trimestre deste curso escolar. Realizamos un curso de formación para aprender a empregar o novo programa e finalizamos o etiquetado de todos os libros  co novo sistema de códigos de barras.

O alumnado do programa de voluntariado ,en diferentes titoriais, preséntanos o novo programa de xestión da biblioteca do noso centro.

PRESENTACIÓN


PRÉSTAMOS

 
 
ACCESO E DEVOLUCIÓNS 

 

BÚSQUEDA AVANZADA

miércoles, 6 de abril de 2022

Concurso de carteis "Muros mira ao mar"

O alumnado do noso cole participou na convocatortia que levou a cabo o Concello de Muros no  Concurso de carteis anunciadores das XVII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar.

Aquí deixamos unha mostra de traballos individuais e en equipo. 

Cartel de... 


Cartel de...

Cartel de...


Cartel de...


Cartel de...


Cartel de...


Cartel de...


Cartel de...



jueves, 24 de marzo de 2022

Obradoiro de cómic con Xulia Pisón

Este luns 21 de marzo tivemos a sorte de poder contar na nosa Biblioteca coa presenza de Xulia Pisón a autora e ilustradora dos libros "MICRO ALGAS, O mundo oculto" e "MICRO ALGAS, Mar de Ardora".O alumnado de 4º, 5º e 6º realizou a lectura dos dous libros no marco do proxecto: "Recuperación dos bosques mariños na Ría de Muros".

Sen dúbida a lectura dos libros de Xulia supuxo unha maior comprensión do ecosistema mariño.

Deixamos un vídeo-resumo da charla-obradoiro:

jueves, 3 de marzo de 2022

Mulleres e tempo libre - 8M

O vindeiro 8 de marzo celebraremos o día da muller, e en relación coa temática anual do camiño queremos facer dende aquí unha reivindicación do dereito das mulleres a disfrutar, a viaxar, ó pracer de ter un ratiño de tempo para nós mesmas, e algo moi importante perder o sentido de culpabilidade por facelo referíndonos especialmente  ás mulleres que son nais.

Nas aulas levaremos a cabo a seguinte lectura da que vos deixamos o enlace:

Enlace á lectura:

¡Mamá se va de viaje!

E agora queremos facer unha PROPOSTA a todas as nais do cole de Louro, cremos que os modelos para as nosas rapazas e rapaces son moi importantes, en moitos casos as nais desdebúxanse na crianza  e é importante que vexan ás súas "mamás" como persoas que teñen dereito a facer cousas que lles gustan e que o desfrutan, polo que nos gustaría que nos enviásedes unha foto na que estedes realizando algo que vos encanta facer,  que vos axuda a desconectar: un paseo, unha lectura, un rato na horta, escoitar música, bailar, practicar algún deporte...animádevos é importante que vos vexan a todas!!!

E aquí temos o vídeo da proposta , moitas grazas a todas pola vosa participación, aquí estades todas!!

miércoles, 23 de febrero de 2022

Dende aquí vexo un camiño - Rosalía de Castro

Con motivo da conmemoración do "Día de Rosalía de Castro" recitamos un poema que garda relación co camiño.

 DENDE AQUÍ VEXO UN CAMIÑO 
 
E aquí vos deixamos os poemas realizados polo alumnado de 4º, 5º e 6ºde EP na área de Lingua Galega, desfrutade coa súa lectura:

jueves, 10 de febrero de 2022

11F: Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Con motivo da celebración do día da muller e a nena na ciencia queremos facer unha homenaxe a oceanógrafa Ángeles Alvariño. A figura desta científica galega cobra un gran sentido tendo en conta o traballo de investigación que está a realizar o noso alumnado, polo que realizamos unha serie de actividades en torno á súa figura.

Cartel 

O alumnado realiza unha breve presentación da súa biografía facendo especial fincapé na súas aportacións que nos axudarán a entender mellor ese mundo microscópico no que estamos inmersos.

Actividade: QUE HAI NUNHA GOTA DE AUGA?


Identificamos o que aperece na gota de auga.

FASE II: Cadea trófica do ecosistema

Para seguir co proxecto é necesario que todo o alumnado de 4º, 5º e 6º leve a cabo as lecturas dos libros de Xulia Pisón ,"MICROALGAS" , que nos axudarán a  entender a base da cadea trófica no mar , achegándonos o mundo microscópico a través do cómic.


 

 Despois da lectura traballamos cos protagonistas:


A partir do vídeo que acompaña o seguinte titular de "La voz de Galicia" e o libro Microalgas Mar de ardora, establecemos a cadea trófica:

https://www.lavozdegalicia.es/video/barbanza/muros/2019/09/03/ballena-da-festin-krill-muros-corrubedo/0031_2019096083058487001.htm?jwsource=cl


 CADEA TRÓFICA RÍA MUROS-NOIA