miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Durante esta semana estamos levando a cabo o ciclo de lecturas relacionadas coa igualdade poñendo na biblioteca os vídeos que nos enviástedes, estamos moi agradecidas pola vosa participación,  este curso especialmente temos moitas gañas de seguir facendo actividades que cremos que son moi significativas para o alumnado, nas que todos participamos, coas que aprendemos, compartimos e desfrutamos.

Aquí vos deixamos este vídeo , demos un maior protagonismo ás rapazas para facer visible unha situación que está cambiando pero que aínda lle queda moito camiño, por nós o seu empoderamento non vai quedar, desfrutádeo!!!

 


sábado, 14 de noviembre de 2020

Lecturas pola igualdade "Mulleres imperfectas"

Con motivo da conmemoración do "Día Internacional contra a violencia de xénero"  este ano faremos un ciclo de lecturas coas que queremos poñer de manifesto situacións que condicionan o comportamento e a construción da imaxe propia nas mulleres.

En recentes estudos segue a observarse unha escasa presenza de  mulleres en carreiras  técnicas e enxeñerías , hai unha falta de modelos?, é a transmisión de modelos que fan os medios de comunicación, familias, centros educativos...?

Mentres siga pasando todos debemos analizar o noso papel nesta situación.

As lecturas que propoñemos son as seguintes:

 

Como este ano a situación do COVID nos invita  a reinvertarnos queremos propoñervos o seguinte: desde o colexio faríamosvos chegar un destes libros, e deberiades gravarvos nun vídeo facendo a lectura que despois nos enviaredes. Nós no colexio proxectaremos na biblioteca o voso vídeo para que todo o alumnado en diferentes pases o vexa, aínda que son libros curtos e que poderiamos encasillar para nenos pequenos teñen uns contidos moi interesantes para debater cos maiores.

E agora vai a última proposta, gustaríanos xa que o curso pasado algún xa o fixo, que estas lecturas fosen realizadas por pais, parécenos moi interesante ceder neste caso ese espazo á vosa figura xa que un paso moi importante na finalidade que aquí plantexamos é tamén o cambio do modelo masculino na sociedade.

Animádevos!!!


martes, 3 de noviembre de 2020

Samaín e Halloween

Este curso as ganas de celebrar o Samaín e o Halloween eran as mesmas así  que buscamos  algunhas alternativas ó que faciamos.

Queriamos manter o tallado ou decoración de cabazas e que mostrárades o proceso, aquí deixamos unha mostra do que fixéstedes, agradecemos a vosa implicacion.

INFANTIL

PRIMARIA

Puxemos en marcha unha proposta de Candi para invesigar sobre o morcego de ferradura pequeno en Galicia. No noso cole na primavera recibimos sempre a visita deste animal, sempre ten as crías no colexio e debido á confusión existente actualmente polo tema do COVID este animal está collendo unha fama que non merece todo o contrario é un animal en perigo de extinción  que debemos protexer.


Deixamos este enlace de interese:

http://morcegosdegalicia.org/proyecto_hippos.php?idioma=es

 

Fixemos algunhas actividades máis...

Acompañamos con percusión corporal e cuns vasos a melodía da "Familia Adams", queríamos percutir o acento pero algúns percutían o pulso, outros o ritmo, outros non sabemos ... bueno parece que se divertiron bastante!!!


As alumnas de 6º con Hugo realizaron este baile ó aire libre porque nos sigue gustando bailar!!!


Tamén convocamos o "III Concurso de relatos de terror" 


 As historias gañadoras son......!!!!!