sábado, 26 de noviembre de 2022

Actividade Introdutoria II - Costura

Outra das actividades que fixemos foi encamiñada a introducir a costura, moistos xa se engancharon!

A forma circular lembra ós petróglifos de "Laxe das Rodas".

Actividade Introdutoria I - Liña do tempo

O primeiro día de clase realizamos a seguinte actividade para introducir a temática do proxeto:

 

-Organizamos a todo o alumnado do cole en grupos.

-A cada grupo  se lle entragaba un plano do centro no que se sinalaba unha das aulas.


-Despois de debater de que aula do centro se trataba tiñan que ir a esa aula e atopar un sobre que estaba agochado.

-O sobre contiña 6 tarxetas que se correspondían coas 5 épocas históricas: Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea.

-En grupos identificaban as etapas coas tarxetas.

-Todos xuntos fixemos unha "Liña do tempo".





Curso 22-23

Iniciamos este novo curso con moita motivación para desenvolver o proxecto "PETROTEXTILES" no que integraremos todos os programas do centro.

 

Desenvolverase a partir de tres eixos que se irán combinando ó longo de 2 cursos e que darán lugar a variados produtos:


  • O noso patrimonio arqueolóxico -Petróglifos -"Laxe das Rodas"
  • Costura- Mans expertas das mulleres da nosa comunidade educativa
  • E-téxtiles