sábado, 21 de diciembre de 2019

Bo Nadal!

Queremos desexarvos unhas felices festas coa postal gañadora do concurso que convocamos todos os anos por estas datas, realizada por Martina  de ED.Infantil , e co vídeo editado polo alumnado de 6º de ED. Primaria.

Lecturas Nadal 2019-20

Aquí tedes o tríptico coas recomendacións lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten!!

domingo, 15 de diciembre de 2019

Presentacións "Cambio climático"

¿Que é o cambio climático?, ¿é o mesmo que o quecemento global?, ¿a que se debe?, ¿que papel ten o ser humano no mesmo? Vivimos nun momento de moita desinformación en torno ao concepto de cambio climático. Existe un grande descoñecemento do que é en realidade, circulan moitos mitos e inexactitudes sobre o cambio climático, hai un exceso de información bombardeándonos, moita dela inexacta ou interesada. Por todo isto, decidimos achegarnos cunha mirada obxectiva e dende o rigor científico ao que é o cambio climático, como nos afecta e a cales son as súas causas e consecuencias.

A fonte das nosas investigacións foron os materiais da Rede Climántica, proxecto recomendado polo alto comisionado da ONU en cambio climático: http://www.climantica.org/

Despois de documentarnos, nas aulas de 4º, 5º e 6º fixemos as seguintes presentacións, coas que agardamos clarificarvos tódalas dúbidas que podades ter ao redor do cambio climático.
Video 1
Vídeo 2
Vídeo 3 V



Poéticas diversas

Durante  o primeiro trimestre traballamos a poesía nas áreas das linguas utilizando algunhas técnicas para axudarlles na creación.Coa temática das personaxes do Samaín e do Nadal inventaron estas poesías.
Poemas do outono
Poemas Samaín

Poemas Nadal

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Carta aos gobernantes reunidos no Cumio Mundial polo Clima

Seguindo a iniciativa proposta por colectivos como Teachers for Future ou Familias polo Clima, imos dicirlle aos gobernantes mundiais reunidos no Cumio Mundial polo clima en Madrid o planeta que queremos e como queremos que nolo coiden. É o noso futuro o que está en xogo!
Carta COP 25- Infantil:
Carta COP 25 - 1º, 2º e 3º de ED. Primaria:
Carta COP 25 - 4º, 5º e 6º de ED.Primaria:

lunes, 25 de noviembre de 2019

25-N

A principios deste mes fixemos a proposta da realización dunha actividade en prol da igualdade   na que animamos ás familias a escoller algún dos libros propostos para vir a lelos ó noso alumnado.
Queremos agradecervos a todos , nais e pais,e a Carmen, da asociación de mulleres feministas SonLilá, a vosa participación, e a boa acollida da actividade.
A continuación mostramos un vídeo-resumo:

Por outro lado o alumnado de 6º realizou un vídeo  coas fotografías que realizamos nos actos do día 25 no que cada curso mostrou os carteis elaborados nas clases.

martes, 19 de noviembre de 2019

Lecturas 1º trimestre


Durante o primeiro trimestre e baixo a coordinación das mestras que imparten as linguas na aula de 1º, 2º e 3º , levamos a cabo unha selección de lecturas para cada un dos cursos tendo en conta: a temática anual, o traballo con diferentes tipoloxías de textos, contos no bosque ,a conmemoración do mes de novembro  pola igualdade, e  os obxectivos da axenda 2030.

  • 1º de ED. Primaria 

  • 2º de ED.Primaria

  • 3º de ED. Primaria

martes, 12 de noviembre de 2019

Música no bosque

Se tiveramos que poñer música e animación ó noso proxecto esta curta, " Maestro", sería a mellor mostra. Podemos desfrutar dunha ópera á luz da Lúa chea cantada por paxaros e acompañada por outros animais. Ambientada nun bosque iluminado pola Lúa , a sinfonía salvaxe interpreta un himno de guerra da ópera Norma de Vicenzo Bellini.
Fantástico!!!

Maestro from Bloom Pictures on Vimeo.

lunes, 4 de noviembre de 2019

Lecturas pola igualdade

Con ocasión da conmemoración o día 25 de Novembro do Día Internacional contra a violencia de xénero, celebraremos, ao longo de todo o mes, un ciclo de lecturas a prol da igualdade e contra a violencia.
Convidamos a todos aqueles familiares que así o desexen a realizar algunha das lecturas seleccionadas para a ocasión, convertendo así a igualdade nun obxectivo común e compartido de toda a comunidade educativa. É especialmente interesante a presenza tanto de mulleres coma de homes, amosando un compromiso común coa educación e a prevención da violencia.
As lecturas celebraranse no tempo da “hora de ler".

A continuación mostramos unha selección das lecturas:

A realización desta actividade faise baixo a coordinación dos EDLG, equipos de orientación e  bibliotecas dos centros de Louro, Carnota e o Pindo.
Aquí tedes o listado completo de lecturas:

miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

Hoxe celebramos o Samaín no cole e tamén  desfrutamos de  diferentes actividades relacionadas co Halloween.
Para ter máis clara a relación entre estas dúas tradicións imos escoitar o podcast que realizaron Alba, Óscar, Hugo e Erea  a partir da lectura do libro "O noso Samaín".



A cotinuación mostrámosvos as cabazas que apareceron neste bosque terrorífico:


Acendemos as cabazas...







 O alumnado votou as cabazas que máis lle gustaban e as cabazas gañadoras foron...

Noraboa ós gañadores!!!

Todo o alumnado de Primaria participou no concurso de "Relatos terroríficos ",aquí tedes os relatos gañadores de cada curso.
Relato de Alma, 1º de Primaria, que o fixo de forma oral.


Por outro lado e desde a área de inglés proponse ó alumnado de 6º realizar unha dramatización para asustar a todo o alumnado. Este curso os encargados foron: Miguel, Atenea, Leire, Iria e Carlos. Aquí vos deixamos unha mostra da súa posta en escena que resultou moi terrorífica. Eles foron os encargados de deseñar a obra que representaron así como a maquillaxe, vestiario, música...
Sodes uns artistas!!!!!




Moi metidos no papel...


domingo, 27 de octubre de 2019

Programa "RECREOS RESIDUOS CERO"

Queremos facer partícipe a toda a Comunidade educativa de Louro do programa:

QUE É?
É unha iniciativa do colectivo Teachers For Future Spain para que os centros escolares reduzan os residuos xerados nos recreos.

POR QUE? 
Como docentes comprometidos coa Educación Ambiental e a loita contra a crise climática queremos concienciar á Comunidade Educativa e implicala na redución da nosa pegada ambiental.

QUEN? 
O programa vai dirixido a toda a Comunidade Educativa. As familias xogan un papel moi importante xa que son os que deciden que levan os seus fillos ao cole.

COMO?
Cada centro adopta o programa ás súas circunstancias. 

CANDO?
Durante este curso 2019/20. 

Cartel informativo:
 
O alumnado fará un reconto dos residuos para a posterior realización de gráficas nas que poderemos observar a evolución.
Clasificaremos os residuos da seguinte forma:
  • SEN RESIDUO: merendas sen residuo (en fiambrera e cantimplora).
  • RESIDUO RECICLABLE: merendas con residuos reciclables (bebibles, briks de zumo, iogures, etc).
  • RESIDUO TOTAL: merendas con residuo (bocadillos envoltos en papel de alumnio, bolos e galletas envoltos en plásticos dun so uso)

sábado, 26 de octubre de 2019

SAÍDA III - Limpeza da praia de San Francisco

O alumnado do noso centro e o do IES As Insuas uníronse á Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA.
Unha vez máis QPNC fíxose eco das nosas actuacións.


Aquí tedes o enlace á noticia:
https://www.quepasanacosta.gal/articulo/muros/escolares-muros-unense-salvar-planeta/20191026095057114365.html

SAÍDA II - Invasión de cogomelos!

Están por todas partes! Case resulta imposible non pisalos! sí, despois de tantos días de chuvia o patio do noso cole estaba cheeeooo de cogomoles, habíaos por todas partes así que non podiamos perder a oportunidade de observalos máis detidamente.

O chan é unha alfombra de follas.

Coa lupa podemos observalas moito mellor!! e Luz vainos contando aspectos moi interesantes dos cogomelos!!!
Recollemos algúns nunha cestiña!!

Profundizar no coñecemento do reino dos fungos é interesantísimo, a continuación compartimos con vós as seguintes viñetas:
Fichou ,B. y Anfré,J. ( Septiembre de 2019).D de Darwin. Reportero DOC.Nº 271,p.2


Sorprendidos???? os nosos alumnos quedaron así despois de lelo!!


Botádelle unha ollada a este vídeo:


SAÍDA I - As árbores de Louro

Dentro das saídas planificadas en relación co proxecto anual estaba a de facer un percorrido desde o colexio ata a igrexa de Louro para ir fixándonos nás árbores que atopabamos así como nos fungos, liquens... Para iso contamos coa colaboración de Sonia que ademáis nos aportou moitísima información sobre a importancia das árbores.


viernes, 27 de septiembre de 2019

lunes, 23 de septiembre de 2019

Accións - Semana polo clima

Luns 23 de setembro
"Un minuto de silencio pola Terra"
Antes de gardar o minuto de silencio os alumnos de  4º, 5º e 6º leron a carta que enviu en 1855 o xefe indio Seattle da tribu Suwamish ó presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce, en resposta á oferta de compra das terras dos Suwamish no noroeste dos Estados Unidos, actual Estado de Washinton. Os indios americanos estaban moi unidos a súa terra non coñecendo a idea de propiedade, é máis, consideraban a  terra dona dos homes. A carta, conmovedora e lúcida, di así:


Martes 24 de setembro
"Levamos unha camisola verde ao cole" 

 Unidos podemos lograr o que queiramos así que...


Mércores 25 de setembro
Vemos a curtametraxe "LEMON"

Aquí tedes o enlace:
 https://www.youtube.com/watch?v=0e2zK0v2XPA

Fixemos o xogo "MICROPLÁSTICOS NO NOSO PRATO"
Dividimos a todo o alumnado en 4 equipos:

Recreamos unha cadea trófica:
O equipo do plancto, que levaba un vaso de plástico colgado, era o primeiro en sair á pista e o equipo de peixes pequenos tiña que comelos a todos.A continuación saían os peixes grandes e comían ós peixes pequenos que tiñan tamén un envase de plástico colgado e dentro o vaso que pertencía ó plancto.Ó final saían os humanos a pescar  os peixes grandes que tiñan os plásticos dos peixes pequenos e do plancto.
Varios momentos do xogo:
O final xuntámonos con todo este plástico:

Xoves 26 de setembro
"Realizamos cartaces polo clima" 


Venres 27 de setembro
Parón no recreo, mostramos os cartaces


domingo, 22 de septiembre de 2019

Semana Mundial polo Clima


Durante esta semana, 23-27 de setembro,  celebraremos a Semana Mundial polo Clima con actividades para concienciar contra a situación de emerxencia climática.

Estas son as actividades programadas:



viernes, 20 de septiembre de 2019

EcoRevolución

"EcoRevolución" é o nome do proxecto anual que traballaremos durante este curso coordinado desde a biblioteca do centro.





  • Queremos facer unha aposta polo equilibrio e conservación da natureza e a protección  dos ecosistemas.
  • Faise imprescindible a concienciación de todos sobre as consecuencias das actividades humanas no medioambiente e os problemas ambientais que xeran.
  • Introduciremos no alumnado actuacións e hábitos para o seu futuro xa que non so debemos pretender que adquiran unha serie de coñecementos senón que os poñan en práctica na súa vida diaria.
  • De experiencias cercanas ó seu entorno progresaremos a entornos máis alonxados e complexos.
  • Esta será a base para que os alumnos/as sexan  futuros cidadáns preocupados e concienciados pola mellora e conservación do entorno que os rodea.
  • miércoles, 11 de septiembre de 2019

    Comezo de curso en verde!

    Menuda enerxía traen estes rapaces!!! Hoxe foi un día de reencontros para todos, no que quixemos dar mostra do que vai ser un curso 2019-20 moi participativo!!!
    Para nós, como centro, é moi importante tecer unhas boas relacións entre o alumnado:

    Por outro lado, estamos convencidas que o coñecemento do entorno no que vivimos fomenta valores de respecto, colaboración e responsabilidade ante o medio natural.
    O primeiro día de clase deseñamos unha "actividade introdutoria" sobre as árbores que máis abundan en Louro, para recibir e ir facendo partícipe ó noso alumnado do que vai ser este curso:


    Observamos, diferenciamos e clasificamos:

     Comezamos o noso caderno de campo:


    E saímos a ver se atopamos algunha no patio, de paso recollemos unhas pólas ás que lles daremos moitos usos...

    Xogamos a recoñecelas:


    E que me dicides de todos eses seres que viven nos bosques...

    Existen máis cousas e seres dos que vemos cos ollos de ver.
    Basta un pouco de sensibilidade, abrir os ollos, preparar a orella e aguzar o olfacto,
    e arredor de nós irase  poboando todo de seres tan variados coma a nosa fantasía.
    Durante anos a xente soñou  seres marabillosos, e , na medida en que os soñaba, existían.
    Isto que ven a continuación é froito do noso guichar o ollo e da nosa imaxinación,
     pero os seres da fraga non se esgotan nestas páxinas.
    Escondidos entre as árbores hai moitos
    que agardan por ti para teren vida.


    Todo o alumnado saiu a buscar entre as árbores do patio seres da mitoloxía galega que estaban agochados e que aparecen neste fermoso libro...despois, nas clases, comentaron as súas peculiaridades.





    E se xuntamos todo nun mural...

    O alumnado de 4º, 5º e 6º desfrutará cunha lectura que non pode faltar na etapa de primaria da man de Agustín Fernández Paz e cun protagonista moi especial, o trasno "Derdrin":