jueves, 18 de julio de 2019

Revista "Laxe das Rodas"- Curso 18-19

Para rematar este curso e o tema anual, facemos a publicación da nosa revista escolar como broche final, esperamos que desfrutedes coa súa lectura , para nós supón unha gran satisfacción ver  un resumo de todas as actividades que realizamos no centro.
Bo verán! Vémonos en setembro!

lunes, 15 de julio de 2019

Escape room "Tintín e os medios de comunicación"

Organizamos a todo o alumnado do centro (excepto a alumnos de 3-4 anos) en 4 equipos heteroxéneos de 10 alumnos.
Cada equipo representaba unha axencia de noticias: EFE, Europa Press, Reuters e AFP.
A cada un se lle entregaba unha etiqueta co seu punto de partida...

...e a folla de ruta para levar a cabo o escape room e ir apuntando os datos que se requiren, deberán estar atentos a todo o que lles contan e ás probas que realizan!


O alumnado debe recabar información e realizar diferentes probas antes de entrar nunha habitación da que ó final terán que escapar!!!!
Os personaxes de Hergé serán os encargados de presentarnos os diferentes inventos:
TINTÍN  a imprenta, o CAPITÁN HADDOCK  o teléfono, HERNÁNDEZ E FERNÁDEZ  a radio e BIANCA CASTAFIORE  a televisión.

A continuación mostramos as probas que lles propuxemos e imaxes do alumnado realizándoas.

PROBA DE TINTÍN-A IMPRENTA


Xeroglífico:

 Imaxes da realización das probas:


PROBA CAPITÁN HADDOCK - O TELÉFONO

Imaxes da realización das probas:


PROBA HERNÁNDEZ E FERNÁNDEZ - A RADIO

 Algunha das citas escritas en espello:

Imaxes do alumnado realizando a proba:


PROBA BIANCA CASTAFIORE - TELEVISIÓN


Imaxes da proba:



Unha vez realizado o percorrido os 4 equipos entran a unha aula onde quedan pechados.
Terán que realizar unha proba final na que teñen que utilizar a información recabada que lle permitirá averiguar un código que abre o candado dun cofre no que está gardada a chave que lles permite saír da aula.
O equipo que primeiro logre sair será o gañador!!!
Un dos equipos xa na aula:

Ó chegar tiñan unha advertencia:

 Vídeo de ANONYMOUS:


Proba final:

Alumnos averiguando a mensaxe oculta nos folios en blanco:


Folla de ruta cuberta:


A continuación o alumnado tiña que cubrir unha ficha cos datos e averiguar o último invento utilizando as letras que estaban subraidas de vermello:


Documento final cuberto:

A suma das datas dos anos nos que se inventaron os medios de comunicación nos permtía averiguar o código do candado.

E os primeiros en sair foron...


WEBGRAFÍA
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/montar-un-escape-room-clase/92089.html?fbclid=IwAR3qIEUVnin1fUgFqVwWymbM7n3mSLXathvnwYVUb8PA3KWGCfNkwEo_CbA
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/monta-tu-kit-de-escape-room/95022.html?fbclid=IwAR3P3I0HhacTj3Q_nQ51ZpX89vh5NJfD-dmsPFFlyLvRR_l-jKMyDGlVV3w
https://www.mamisybebes.com/2018/10/montamos-un-escape-room-para-ninos-de-8-9-anos/
https://orangepiweb.es/codigos/secreto/index.php
https://es.wikipedia.org/wiki/Capit%C3%A1n_Haddock
https://es.wikipedia.org/wiki/Hern%C3%A1ndez_y_Fern%C3%A1ndez
https://es.wikipedia.org/wiki/Bianca_Castafiore

jueves, 11 de julio de 2019

Xincana intercentros

No mes de xuño levamos a cabo unha "Xincana intercentros" na que participamos o CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, o CEIP Ramón de Artaza  de Muros e o CEIP Plurilingüe de Louro.
Os participantes nesta Xincana foron os alumnos de 5º e 6º de ED. Primaria que forman parte dos "Clubs de lectura" que hai en cada centro e levouse a cabo no Pozo do Cachón de Muros.
A lectura elixida para organizar esta actividade de animación á lectura foi:


A través deste libro intentamos que os temas anuais que estamos traballando nos 3 centros tiveran a súa presenza, así mesmo, no deseño dos espazos para a Xincana se busca unha relación dos temas  coa lectura.
Os espazos deseñados foron:
  • Aeroporto "El Prat"
  • Xornal "La Vanguardia"
  • Amsterdam
  • Tribu cortacabezas
  • Centro Veterinario






Aeroporto  "El Prat"


 Amsterdam


Xornal "La Vanguardia"



Tribu  cortacabezas


Centro Veterinario


En cada espazo se facían 5 preguntas relacionadas coa lectura e debían  realizar diferentes probas: facer avións de papel e lanzalos a unha distancia determinada, facer a maqueta dunha muralla con palillos e plastlina, mediante xestos intentar averiguar os titulares dalgunhas noticias, demostrar que poderiamos coidar os orangutáns cambiando os pañais e que sabemos traballar en equipo, ademáis de decorar uns globos para despois explotalos.

Para rematar fixemos a entrega de premios ó equipo gañador que consistía nunha lanterna de levar na cabeza e desfrutamos das empanadas da panadería Uhía.   
Queremos agradecer ós tres centros a posibilidades de organizar este tipo de actividades entre o alumnado dos diferentes centros do noso Concello e a todos os mestres que colaboraron en que todo saíra ben.

jueves, 4 de julio de 2019

Coreografías

Aproveitando os últimos días de curso , os alumn@s do cole realizaron a gravación en exteriores das coreografías que interpretaron no festival de Nadal. A profe Irene encargouse de gravar as actuacións.
Canto talento!!!!

Alumnos/as de 1º e 2º

"Cuéntame"  

"Mi gran noche" 

Alumnos/as de 3º
"Walk like an egyptian"

"Madre tierra" 
Alumnas de 4º
Mamma Mia
  "Waterloo" Alumnos 4º,5º e 6º 
The final countdown 


Toy
TOD@S