domingo, 8 de marzo de 2020

A EcoRevolución comeza polo máis próximo: O coñecemento e coidado da nosa lagoa

A lagoa de Louro é un ecosistema dunha enorme riqueza paisaxística e biolóxica. Dende a aula asomámonos aos seus valores ecolóxicos e estéticos. Analizamos a súa riqueza como ecosistema no que coexisten dunas, un lago costeiro e praia. Afondamos na diversidade biolóxica que alberga, como hábitat de unha grande variedade de prantas e animais (aves, mamíferos, réptiles, anfibios, peixes, invertebrados).

Como cidadáns comprometidos co coidado do noso, detivémonos na enorme fraxilidade deste ecosistema: a inestabilidade das dunas, o seu papel esencial como barreira natural de protección e contención da lagoa, a necesidade de velar pola fauna e a flora, algunha de enorme singularidade, que teñen como fogar este hábitat.

Froito deste traballo, elaboramos un caderniño cunhas pautas básicas de conducta no contorno da lagoa, que agardamos sirva de vehículo de concienciación para todas aquelas persoas que se achegan a compartir a riqueza deste contorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario