sábado, 28 de marzo de 2020

Con Adhara cantamos a Rosalía de Castro

Este ano participamos de novo no certame VideoGhit, no que o ano pasado obtivemos o premio á mellor caracterización. Desta volta eliximos unha versión do poema de Rosalía de Castro, Cantarche hei Galicia, da enérxica e comprometida cantante da nosa terra Adhara. Velaquí o resultado:


Para os que non coñecedes a Adhara, aquí deixamos un texto-presentación elaborado colectivamente polo alumnado da aula de 1º, 2º e 3º de primaria, con moito agarimo:


Adhara Caamaño, tamén coñecida como “A cuncheira de Sofán”, é unha fabulosa cantante galega con raíces na nosa zona que comezou a ser coñecida polo ano 2016 co seu primeiro disco “Libre son”. Ten un grupo que se fai chamar “Adhara & Ritman”. A súa música, cun ritmo moi movedizo, combina diferentes estilos: folk, regge, rock, samba...  O seu obxectivo é vivir só da música e pouco a pouco vaino conseguindo. Deu concertos en moitas vilas galegas, actuou en diferentes festivais e xa gañou varios premios. Unha das súas cancións con máis éxito e “Por elas”, contra a violencia machista.

Adhara naceu en Sofán, na parroquia de Lira (Carnota). De luns a venres vive e traballa na Coruña e nos fins de semana volve a Lira para estar coa súa familia e disfrutar da natureza, que tanto lle gusta. Aproveita tamén cando está aquí para compoñer algunhas das súas cancións.

Adhara é unha moza con moito talento e unha gran voz, ademais moi simpática e guapa. O seu traballo está comprometido coa loita feminista e a posta en valor da lingua galega. Gustaríanos que presente o seu novo disco na nosa terra.


Despedímonos coa versión orixinal de Adhara do poema de Rosalía:


Quedamos na casa pero con alegría


viernes, 27 de marzo de 2020

Aprendo xogando, xogos online en lingua galega

Deixamos a continuación enlaces a unha serie de divertidos xogos para aprender en familia:


Trivial.GZ e Ledtrad@s.gz son dous dos xogos que se poden probar na web da AS-PG (Foto: Nós Diario).
1.- Trivial.GZ : Permite un achegamento á literatura, á historia, á xeografía e á sociedade galegas no formato do tradicional Trivial. XOGA AQUÍ.

2.- Palabras cruzadas: Consiste en formar palabras de dúas ou máis letras para colocalas nun taboleiro cuadriculado (de 15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro. XOGA AQUÍ.

3.- O Xogo da Curuxa: Inspirado no arquicoñecido Xogo da Oca, no que hai que lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. Na Curuxa cando o xogador ou xogadora cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc, probas que poden consistir en asociar imaxes, responder tests, asociar elementos... XOGA AQUÍ.

4.- Categorizando: É un xogo no que poden participar de dous a catro xogadoras que consiste, basicamente, en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras. O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posíbel, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se apunten e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as repetidas non suman. XOGA AQUÍ.

5.- Etnografía galega: Comeza un paseo polo país desde o computador da túa casa. Unha viaxe por diferentes lugares de Galiza a través de preguntas e respostas. Sabes tanto como pensas sobre Galiza ou queres aprender o que aínda non sabes? Xoga aprendendo en Descubre Galiza. XOGA AQUÍ.

Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:



A ADIVIÑA DE HOXE:

Adiviña, adiviñanza

A REPOSTA DE ONTE:




A ADIVIÑA DE HOXE:

miércoles, 25 de marzo de 2020

Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:






A ADIVIÑA DE HOXE:

Adiviña, adiviñanza

Hoxe comezamos unha proposta diaria de adiviñas en galego. Que será, será...? Se tes a resposta déixaa nos comentarios. Mañá sairemos de dúbidas...


lunes, 23 de marzo de 2020

Cociñar en familia

Para manter o vínculo escolar coas compañeiras e compañeiros, e o sentido de pertenza co centro, propoñévosvos  a elaboración dun LIBRO DE RECEITAS COMUNITARIO.



Eliximos a actividade da cociña por tratarse dunha agradable experiencia en familia da que seguramente estades disfrutando estes días. 
Se non é así, animámosvos a probar a deliciosa experiencia de elaborar entre todo o clan un saboroso biscoito, unhas ricas tortas, unhas gorentosas galletas.


A proposta é OPCIONAL.
Coas receitas recibidas, dende o centro montaremos e farémosvos chegar o RECEITARIO COMUNITARIO.

Se desexades participar, enviádenos aos  correos que se vos indicaremos según a etapa educativa :

  • TEXTO da receita, detallando ingredientes, cantidades e pasos de elaboración.
  • Unha FOTO do produto final.
  • Dúas FOTOS do proceso de elaboración en familia.


 


No caso das familias que teñades varios irmáns no centro, enviades só unha receita.




Aquí vos deixamos algúns recursos que de seguro vos darán apetitosas ideas:

jueves, 19 de marzo de 2020

21 de marzo, día internacional da poesía

O 21 de marzo foi declarado pola UNESCO o día internacional da poesía. Aquí deixamos algúns recursos para que poidades achegarvos e disfrutar da nosa poesía.

- Fermosa presentación do poema Bicos na voz de Antonio García Teijeiro.

- Pequena selección de poemas infantís galegos. 


domingo, 8 de marzo de 2020

#ODS 2- FAME CERO

Durante esta semana continuamos coas lecturas da Axenda 2030, tocounos o obxectivo 2, "Fame cero" e a lectura escollida foi "Hambre de Lobo", aquí están as imaxes e a actividade que realizamos a continuación. Zoe, axudada polas compañeiras de 4º, foi a encargada de levala a cabo.

Zoe facendo a lectura:


Nalgunha ocasión móstranos as ilustracións do libro:

Nesta lectura un lobo melancólico transmítenos a angustia de sentir fame, de non ter que comer...  a aparición dun coello burlón fai que a través dun humor mordaz e intelixente nos enfrente a unha ensinanza onde a condición de villano é moi relativa. En definitiva , todos precisamos comer.

Ao rematar a lectura Zoe trasládanos a situación que se vive nun país africano , Níger.
Na pantalla aparece proxectada unha imaxe da pirámide alimenticia do noso país, e nun panel observamos a pirámide de Níger.Zoe vai preguntando ó alumnado que lles chama a atención e que diferencias observan.
A ausencia de alimentos que proporcionen á poboación de Níger proteínas, vitaminas... fai que sexa un dos países que máis sufre a DESNUTRICIÓN INFANTIL
A ONG "Médicos sin fronteras" realiza unha labor importantísima logrando que ata alí cheguen suplementos que cubran estas carencias. Zoe móstranos o MUAC , que sirve para medir o perímetro do brazo dos nenos e nenas e detectar a desnutrición.


A proposta que facemos é colocar por todo o cole os MUAC, en lugares visibles que nos fagan ter presente este grave problema.




E finalizamos con esta imaxe, facendo fincapé na importancia dos depredadores nos ecosistemas como reguladores dos mesmos.








A EcoRevolución comeza polo máis próximo: O coñecemento e coidado da nosa lagoa

A lagoa de Louro é un ecosistema dunha enorme riqueza paisaxística e biolóxica. Dende a aula asomámonos aos seus valores ecolóxicos e estéticos. Analizamos a súa riqueza como ecosistema no que coexisten dunas, un lago costeiro e praia. Afondamos na diversidade biolóxica que alberga, como hábitat de unha grande variedade de prantas e animais (aves, mamíferos, réptiles, anfibios, peixes, invertebrados).

Como cidadáns comprometidos co coidado do noso, detivémonos na enorme fraxilidade deste ecosistema: a inestabilidade das dunas, o seu papel esencial como barreira natural de protección e contención da lagoa, a necesidade de velar pola fauna e a flora, algunha de enorme singularidade, que teñen como fogar este hábitat.

Froito deste traballo, elaboramos un caderniño cunhas pautas básicas de conducta no contorno da lagoa, que agardamos sirva de vehículo de concienciación para todas aquelas persoas que se achegan a compartir a riqueza deste contorno.