domingo, 22 de mayo de 2022

Holi Hai

O venres 20 de maio aproveitando que iamos ter un día soleado , celebramos a festa " Holi ".

Esta festividade celébrase na India, país do que procede  a nosa auxiliar lingüística , Surbhi, coa que estamos a descubrir a cultura do seu país.

Resultou unha experiencia divertidísima ,encantounos poder celebrar esta festa que da a benvida a primavera con ese abano de polvos de cores.


Aquí deixamos un vídeo resumo:

martes, 17 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriarán: O poeta que cruzou o Océano

 

En relación coa temática anual do noso proxecto queremos compartir a imaxe deste barco que enlaza coa publicación feita pola Real Academia Galega á páxina "Primavera das Letras" .Accederedes á narración feita por Ledicia Costas sobre a parte da vida de Florencio Delgado Gurriarán na que como moitos outros galegos tivo que fuxir de Galicia polas súas ideas.

É importante coñecer a nosa historia e figuras coma a de Florencio que defenderon sempre a nosa lingua.



Proxecto :"Navegando a vela"

Durante este último trimestre centrámonos na posibilidade de facer a ruta xacobea desde Baiona ata Portosín a vela,para despois seguir ata Santiago, deixamos aquí unha mostra das actividades realizadas.


 

A través da actividade presentada na aula virtual cos nosos ordenadores Edixgal imos facendo a ruta marítima:


Facemos unha parada no Illote con GOOGLE MAPS: