viernes, 28 de enero de 2022

Día da Paz- "Heal the world"

Todos estamos dacordo en que queremos "un lugar mellor para os nosos rapaces" , para celebrar o día da paz realizamos unha montaxe na que todo o alumnado de Louro realiza os coros do tema "Heal the world", xa veredes como moitos se saben toda a canción! O vídeo fai alusión á situación actual de pandemia , desexamos que dunha vez por todas podamos volver a mostrar os sorrisos  que lle debemos a estas xeracións!!!


Coleccións-POLICÁN de Dav Pilkey

Están "enganchados", o noso alumnado de 1º e 2º de EP non para de ler  a colección de Dav Pilkey, POLICÁN,pero esta semana xa chegaron todos á nosa biblio , encántonos ver como desfrutan coa súa lectura!!



Tíralle da lingua

Antes de rematar o primeiro trimestre ,desde a área de lingua de galega, o profe Javi promoveu a actividade de expresión oral que consistía en contar un conto  en galego para participar no concurso "Tíralle da lingua", presentáronse os vídeos de Lara e  Iria de 4ºde EP e de Alba de 5º de EP.

Pola participación no concurso agasalláronnos cunha función de contacontos da man de Celso , ó que temos que agradecer o ben que o pasamos, moitas grazas por facernos rir tanto!!!!