lunes, 27 de mayo de 2019

Día Internacional do Medioambiente

O vindeiro día 5 de xuño, Día Internacional do Medioambiente, sumarémonos á iniciativa do movemento "Teachers for future" coa colaboración de National Geographic, de visionado do documental  Before the Blood  , coa intención de concienciar e reflexionar sobre o cambio climático nas aulas.


Celebracións

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
"As palabras máis fermosas do galego"
Segundo o Dicionario da Real Academia Galega , é fermoso aquilo que produce unha sensación agradable á vista, ao oído ou , en xeral, que provoca precer espiritual. A nosa lingua está chea de palabras fermosas, que nos chaman a atención polo seu ritmo, pola dozura do seu son, , polo recordo que evocan no noso corazón...

Durante este mes das letras, eliximos as palabras máis fermosas do galego para a nosa comunidade educativa. Todo o alumnado, familias e docentes, participaron presentando as palabras que consideran máis fermosas da nosa lingua. E aquí temos o resultado.
DÍA DO LIBRO 

sábado, 18 de mayo de 2019

Premiados no "Certame de vídeos en galego Videoghit 2019"

Estamos de noraboa!!! O vídeo realizado polos alumnos/as : Aday, Iria, Roberto, Leire e Carlos co título  "Sementar , sementarei" resultou premiado no "Certame de  vídeos musicais en galego  Videoghit 2019" promovido polo IES Pintor Colmeiro, na categoría de mellor vestiario e caracterización. O vídeo estaba nominado tamén nas categorías de mellor vídeo de Infantil e Primaria e mellor fotagrafía e enviamos desde aquí a noraboa ós vídeos gañadores.
A continuación vos mostramos vídeos e enlaces sobre o certame e a gala.
Vídeo presentado:


 Vídeo da gala (entrega do premio min.10:31 a 12:25)



Enlace á páxina do certame onde se poden ver todos os vídeos presentados:
 


Tamén saímos no xornal "La Voz de Galicia", fragmento da noticia na que se nos nomea:
Noticia completa:



Club de lectura 3º

Os alumnos/as de 3º realizaron a lectura do libro " Siete reporteros y un periódico" da editorial SM. A elección deste libro débese a que despois da análise do xornal " La voz de Galicia" o alumnado de 1º, 2º e 3º ten que facer un xornal. Si, o farán entre todos! e moitos dos líos que temos na clase para elixir o nome do xornal, que noticias poñer, quen as vai facer, como organizarnos, ... suceden tamén neste libro así que lles vai servir de moita axuda!!!


sábado, 11 de mayo de 2019

O xornal I

Como xa vos cometamos anteriormente, este curso decidimos inscribirnos no programa  "Prensa Escuela" e todos os mércores recibimos exempleares para cada un dos alumnos/as de "La Voz  de Galicia".
Durante o 2º trimestre buscamos información sobre xornais que se publican en Galicia, España e no mundo, desmenuzamos o xornal, as noticias ,as partes da noticia, as seccións... e descubrimos que había moi malas noticias!!!, ás veces non podíamos crer o que poñían algúns titulares!!!
Aquí vai un resumo de como o fixemos.
E este é o noso traballo.