miércoles, 30 de enero de 2019

Movilízate - Día da Paz

Hoxe celebramos o día da Paz e aproveitamos para presentar a campaña na que imos participar , "Movilízate por la selva" que consiste na reutilización e reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos.
Se clicades na imaxe accederedes a toda a información, imos apadriñar chimpancés!!!!

http://www.movilizateporlaselva.org/mm/file/Dosier%20Movilizate%20por%20la%20selva%202017%20cast.pdf
A campaña garda relación co tema anual pero imos aprender moitísimas cousas. Unha das primeiras que nos surxiu foi... chimpancé, gorila, orangután? Como os distinguimos? En que se parecen?




Para ir adentrándonos no tema hoxe interpretamos unha canción que ten unha letra coa que xa aprendimos moitas curiosidades dos gorilas , parécense moitísimo a nós!
Utilizamos o libro de Susa Herrera "En Cabárceno se oye cantar", encántannos as cancións e bailes que trae!

https://vimeo.com/user94521988/review/314307062/2f858e28b7

Aquí esta o vídeo que fixemos:


domingo, 27 de enero de 2019

Reunión 1-Club de lectura

Bueno como vedes non escatimamos en detalles, a nosa mesa para a tertulia literaria xa está preparada e ambientada. 




Durante esta reunión surxiron preguntas sobre a radioactividade, os nosos alumnos/as xa indagaran sobre catástrofes como a de Chernobyl e Fukushima e aquí lles deixamos uns enlaces nos que atopar máis información.

 Centrais nucleares en España:



CATÁSTROFE CHERNOBYL
CATÁSTROFE FUKUSHIMA  

viernes, 18 de enero de 2019

Club de lectura - Actividade antes de ler

Pois como mostran estas imaxes , a actividade para averiguar o que acontecera no ano 1982 nas nosas costas parece que lles causou moito interese.
Despois de facer unha lectura compartida dos artigos por equipos, ver os vídeos e acceder ás páxinas web que lles indicamos xa están preparados para comezar.
Esperamos que desfrutedes  da lectura!!!






                                                       




VÍDEO - RESUMO investigación antes de ler:





miércoles, 16 de enero de 2019

CLUB DE LECTURA "As flores radioactivas"



 Grazas ó PLAMBE o noso centro pasou a formar parte do proxecto experimental ELBE-2 que consiste na  incorporación experimental de equipamento para a lectura dixital na biblioteca escolar.
A continuación mostramos o deseño das actividades  que realizamos cos dispositivos dixitais e que dinamizan a lectura do libro :

  • O tema anual elixido este curso son os medios de comunicación e o lema é “Conectad@s”

  • Temos un club de lectura formado por 10 alumnos/as (voluntarios) da aula mixta de 4º, 5 º e 6º de ED. Primaria.

  • Eliximos o libro “As flores radioactivas “ de Agustín Fernández Paz ,xa que é un libro no que aparecen feitos reais documentados e que se publicaron en xornais. Ademáis a día de hoxe se seguen publicando novas relacionadas co tema. É unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa.




O noso alumnado antes da lectura debe averiguar que aconteceu nas nosas costas no ano 1982.






Para iso no ipad no que realizaremos a lectura de “As flores radioactivas” accederemos a estes artigos e vídeos:

IMAXES VERTIDOS E GREENPEACE
ENERXÍA NUCLEAR
SITUACIÓN DOS VERTIDOS NA FOSA ATLÁNTICA
“XURELO”
ADEGA
OTAN

A lectura dos artigos levarémola a cabo coa estrutura cooperativa “Lectura compartida”.







martes, 15 de enero de 2019

Guía Nadal

O protagonista da nosa guía este Nadal foi Tintín , aínda que xa a colgamos na páxina web do cole imos compartila aquí  tamén facendo a nosa particular homenaxe ó noso querido reporteiro.





Feliz aniversario Tintín!!


O 10 de xaneiro o noso querido reporteiro "Tintín" cumpriu nada máis e nada menos que 90 anos. Durante este curso nos acompaña de forma especial debido o tema dos medios de comunicación que estamos traballando. Felicidades!!!

https://www.pagina12.com.ar/167126-nueve-decadas-de-un-jovencito-celebre?fbclid=IwAR39hm15vTUsoByhbe5ebVIcVpr7VEYgHCx64a1DlTNNTVJ8vVe90POUQb4

sábado, 12 de enero de 2019

Benvidos ó noso blogue!! 

Xa estabamos tardando e este curso co tema elixido para traballar non  podiamos pasar máis tempo sen facer o noso blogue para a biblio así que esperamos que desfrutedes coas publicacións que iremos facendo.
Como di o lema do noso proxecto estaremos conectad@s!