Eliximos a actividade da cociña por tratarse dunha agradable experiencia en familia da que seguramente estades disfrutando estes días.
Se non é así, animámosvos a probar a deliciosa experiencia de elaborar entre todo o clan un saboroso biscoito, unhas ricas tortas, unhas gorentosas galletas.
A proposta é OPCIONAL.
Coas receitas recibidas, dende o centro montaremos e farémosvos chegar o RECEITARIO COMUNITARIO.
Se desexades participar, enviádenos aos correos que se vos indicaremos según a etapa educativa :
- TEXTO da receita, detallando ingredientes, cantidades e pasos de elaboración.
- Unha FOTO do produto final.
- Dúas FOTOS do proceso de elaboración en familia.
No caso das familias que teñades varios irmáns no centro, enviades só unha receita.
Aquí vos deixamos algúns recursos que de seguro vos darán apetitosas ideas:
- Canle de Youtube Cociñando con bolboretas no bandullo, do libro de receitas infantil homónimo: https://www.youtube.com/channel/UCknz5aS3nDmpAG90DfPLW_w/videos
No hay comentarios:
Publicar un comentario