lunes, 27 de abril de 2020

Recomendacións dos nosos Booktubers polo Día do Libro

E aquí temos aos nosos Booktubers con unhas marabillosas e variadas recomendacións de lectura para conmemorar o Día do Libro. En galego e en castelán, de diferentes temáticas, para todas as idades. De seguro que atopades algo do voso gusto.

Recomendacións alumnado de 1º:
Recomendacións alumnado de 2º:
Recomendacións alumnado de 3º:
Erea
 
Alba 

Fernando
Óscar -Lectura en castelán

Óscar-Lectura en galego
Hugo
Recomendacións alumnado 4º,5 ºe 6º :

Leire(6º)
Iria(6º)

Miguel(6º)

Atenea (6º)

 Hugo(5º)


Iago (4º)


Recomendacións de Inés Caamaño (5º) e Naiara (5º):

domingo, 19 de abril de 2020

Eu quedo na casa, así levamos o confinamento

Nestes extraños días, fixemos a lectura do libro #EUQUEDONACASA, do escritor Ramón de Veiga, que podedes descargar aquí.



Se preferides escoitalo, aquí tedes unha lectura perfectamente modulada e interpretada, feita polo compañeiro Óscar de 3º de Primaria.


View on Vocaroo >>

O mesmo que Alma, pero que ben len os de primeiro!!!


E Adai!!



Ao igual que o protagonista do relato, os alumnos e alumnas do centro foron contándonos o que fan nestes días e AS COUSAS QUE BOTAN DE MENOS. Imos compartir estas últimas.

A maioría botan de menos aos compañeiros e compañeiras do cole, que son moi especiais nas súas vidas. Así, Alma, Alba e Erea de 3º, as dúas Martas de 4º ou Iria de 6º. Polo menos, poden chamarse e vídeo chamarse con frecuencia para manter o contacto.

Algunhas delas tamén se lembran das súas profes e incluso, como Alma, Óscar, Erea ou Noa, volverían de boa gana ao cole. Nós tamén nos acordamos moito de vós.

Tamén senten a falta de outras persoas, coma Lúa ou Óscar, que botan de menos xogar cos seus primos e primas; Xaime que ten moitas ganas de visitar de novo á súa avoa ou Adriana, que se acorda moito do seu pai.

Tamén o encerro fai que sintan nostalxia e necesidade de actividades físicas e grupais, como é o caso de Matías, Hugo e os demais Miúdos e Miúdas, que teñen moitas ganas de volver adestrar todos xuntos no campo de xogo.

Lúa tamén desexa ir de novo ao parque e pasear polo monte. Marta Fernández, Erea e Noa sumaríanse con gusto a ese paseo. Erea tamén se achegaría con gusto un ratiño ata a praia. E Alma agarda expectante a hora de visitar de novo os lugares da vila aos que tiña costume de ir.

E non faltan as persoas de bo conformar, como é o caso de Adai ou Inés de 5º, que se atopan a gusto na casa, gozando destes días; iso si, sen perder o contacto, aínda que sexa online, cos compis.

Con todo, sabemos que O QUE TOCA É FICAR NA CASA, como ben nos recorda Alba neste poema que compuxo e que reproducimos no seu formato orixinal, pois estase a convertir en toda unha experta na edición de textos:



viernes, 17 de abril de 2020

Somos BookTubers! Celebramos o Día do Libro con recomendacións de lecturas

O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Este ano non imos poder facer unha actividade tan destacada de convivencia e cooperación como son os apadriñamentos lectores. Malia todo, o que si podemos facer é compartir e recomendar as nosas lecturas favoritas e aproveitar esta ocasión para vernos as caras.

Dende o equipo de Biblioteca, facémosvos a seguinte proposta, totalmente voluntaria, para aqueles aos que vos preste compartir esas lecturas que tan bos ratos vos fan pasar: recomendar aos compañeiros e compañeiras unha das vosas lecturas favoritas a través dun pequeno vídeo. Como material de apoio, deixámosvos un guión, que é moi recomendable cubrir previamente para axudarvos a preparar o contido do vídeo, así como un exemplo de vídeo de recomendación de lectura dun compañeiro moi querido ao que aproveitamos para mandar un saúdo e o noso agradecemento por colaborar nesta actividade ;-)


Os vídeos que elaboredes, enviádeos á profe da lingua correspondente, segundo se trate dun libro en galego ou en castelán. Achegade tamén copia do guieiro cuberto, que podedes imprimir ou copiar nun caderno.

Plantillas:




martes, 14 de abril de 2020

¡Como recende esta cociña!

A que vos ule? A cousas moi ricas! Deliciosas! 
Mirade un exemplo: Erea e Suevia fan un delicioso pastel de cenoria! Mmm 😋!


Paula de 2º animouse a facer unha tarta de nesquik:


Todas e todos traballamos moi duro, pesando, cortando, relando, batindo, mesturando, ... Fixémolo con moita ilusión de compartir coas nosas compañeiras e compañeiros un bocado moi saboroso, aínda que sexa a distancia!
Desexamos que pronto poidamos compartilo todos xuntos na escola!


E aquí tedes o noso receitario! Recén saído do forno ! 😜








domingo, 5 de abril de 2020

Propostas de observación da natureza

Presentámosvos dúas propostas para aprender gozando do contacto coa natureza ben dende as xanelas, ben nos xardíns e zonas exteriores das vivendas.

A PRIMAVERA NON O SABÍA ...

Proposta que nos chega da man dos compis de infantil achegándonos este fermoso e emocionante vídeo para facer unha proposta. 

Nestes días nos que estamos encerrados nas nosas casas, aí fóra están a ocorrer un montón de cousas asombrosas: brótanlle as follas ás árbores, o campo énchese de flores, vemos voar bolboretas, oímos o canto dos paxaros, ... Xa chegou a primavera!

Que vos parece se compartimos o que máis nos guste ou impresione de todos esos cambios que están a acontecer na natureza? A través de fotos, vídeos, debuxos feitos por vós nos que a primavera e os cambios que trae sexan os protagonistas. 

Animámosvos a todos a participar!


AVES DENDE A CASA

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un caderno de campo co quea cativada poida debuxar as especies observadas dende a xanela. Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na provincia de Pontevedra.

Na lámina facilitada pola Deputación inclúense as especies máis habituais nestas datas como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros anduriñas comúns e cirrios comúns. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, implicando ás nenas e nenos para que debuxen as especies observadas e as compartan a través de redes sociais empregando o hasthag #AvesDesdeCasa.

Se participades nalgunha das iniciativas e queredes ver as vosas aportacións publicadas neste blog, facédeas chegar á profe de lingua.

viernes, 3 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

Presentacións sobre a lagoa de Louro

A continuación expoñemos algunhas das presentacións que, de xeito cooperativo, realizaron na aula de maiores de primaria sobre a lagoa de Louro e os seus valores ambientais. Trátase do traballo dos tres grupos que remataron a súa presentación. Agardamos poder volver ao cole para concluír os traballos que quedaron pendentes de entrega.

GRUPO DE CARLOS (6º), INÉS (5º), INÉS (4º) E MARTA FORMOSO (4º):



GRUPO DE ATENEA (6º), HUGO (5º), NAIARA (5º) E IAGO (4º):


GRUPO DE IRIA (6º), LAURA (5º), DAVID (4º) E MARTA FERNÁNDEZ (4º):


Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:


A ADIVIÑA DE HOXE:

miércoles, 1 de abril de 2020

Aprendemos vocabulario cantando

Aquí tedes unha serie de divertidas cancións para repasar e aprender vocabulario na nosa lingua.

- O tempo.



- Os días da semana.


- Os meses do ano.

- Os números.


- As letras do abecederio.

- Os peixes.


Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:




A ADIVIÑA DE HOXE: