lunes, 28 de junio de 2021

Revista dixital-EDLG

A través desta revista dixital queremos deixar constancia das actividades que se desenvolveron coa participación do EDLG.

sábado, 26 de junio de 2021

Lecturas verán 2020-21

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán , están feitas coa intención de que atopedes algún libro que vos guste e  que vos faga pasar un bo rato!!!

Final de curso!

Chegamos ó ultimo día de clase, facemos un bo balance do curso a pesar das circunstancias, nun cole coma o noso a parte de ter que levar posta a máscara poidemos desfrutar de bastante normalidade grazas ós espazos cos que contamos e a ese marabilloso patio que temos.

No sabiamos moi ben que facer o úlimo día e os rapaces/as demóstrannos unha ve máis que ás veces o máis sinxelo pode ser o máis divertido porque quizáis eles non son conscientes aínda de que compartir momentos coa xente, amigos/as, compañeiros/as que queres, cos que estás a gusto, non ten prezo, aquí vos mostramos un resumo do noso último día!!!!

martes, 22 de junio de 2021

"Un paseo por primaria"-Despedida alumnado de 6º

Con este vídeo queremos mostrar so un exemplo dalgúns momentos compartidos, porque hai moitos máis e desexar que se cumpran as palabras de María Montessori coas que o rematamos.

miércoles, 9 de junio de 2021

Ditos e refráns sobre o cultivo

Hai un coñecemento na xente de máis idade do noso pobo , resultado da transmisión oral e da súa experiencia e contacto directo coa terra, que supón unha riqueza e unha fonte de sabedoría que é necesario preservar.

En colaboración co EDLG levamos a cabo a recollida de ditos e refráns relacionados co cultivo, na maioría dos casos foron as avoas e avós os que nolos achegaron , aquí deixamos  unha mostra:

Maquetas Ecosistemas

Aquí mostramos as maquetas de diferentes ecosistemas elaboradas polo alumnado de 1º, 2º e 3º de ED. Primaria. 

POLO NORTE

 

BOSQUE

Imos incluir outro elemento artificial nesta maqueta... 

MONTAMOS UNHA TIROLINA

 A rapazada de 1º non para un minuto , son uns verdadeiros rastreadores do terreo do noso patio, mirade o que se lles ocorreu facer co que foron atopando, encantounos!!!!

martes, 8 de junio de 2021

Día Mundial dos Océanos

Hoxe celébrase o día mundial dos océanos!


Quixemos participar na proposta de "Teachers for future" con este vídeo onde o alumnado de Infantil envía estas mensaxes na que nos recomendan que facer para non contaminar e protexelos, os murais que aparecen no vídeo  realizáronos os alumnos de 1º, 2º e 3º coa profe Elvira na clase de plástica e o alumnado de Infantil coa profe Candi.

 

Por participar recibimos estes lapis que se convretirán nunha planta: 


 

viernes, 4 de junio de 2021

Paspallás na biblio

Pois si , que mellor sitio para nacer que a biblio do noso cole, grazas ó profe Jose Ramón podemos desfrutar dunha experiencia como esta , e que emoción nas palabras dos rapaces!!!a verdade é que son ben bonitos!!!e velos saír do cascarón en directo non ten prezo!!!

PROCESO

Incubación e nacementos

 

 Outros coidados

 

ENTREGA Ó ALUMNADO

Varios alumnos/as recolléndoos para levar a casa


 

CONSELLOS

XA ESTÁN NAS CASAS!!! 


 




martes, 1 de junio de 2021

Robótica en Infantil

Os nosos peques non ían ser menos e despois de probar os escornabots decidimos integrar o rato robot para  garantir a utilización das tarxetas coas que deseñan o percorrido, aquí está unha mostra de como utilizaron os robots este curso.

INFANTIL 3 COS ESCORNABOTS

Non pasaba nada se non chegaban ó destino, subíanse á mesa e todo arranxado.

 INFANTIL 4

Aquí xa se atreven cos circuítos!!

 INFANTIL 5

Unha vez experimentado cos escornabots ...

Introducimos o rato-robot.