jueves, 28 de febrero de 2019

Animación á lectura

Este mércores , 27 de febreiro, tivemos unha visita moi especial. Lola é unha libreira de Santiago que nos trouxo unha gran variedade de contos para que todos os nenos e nenas do cole poidesen botarlle unha ollada . Cos maiores levamos a cabo unha actividade que consistía en que cada alumno escollera un dos libros e explicara cal fora a razón pola que elixira ese libro.

                                                           


Coas outras aulas tivemos unha actividadede de contacontos e ademáis estivemos descubrindo os libros tan bonitos que había.








 

Pasámolo xenial!!!!!!

martes, 19 de febrero de 2019

Dende Louro para o mundo

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está realizando unha activade en colaboración con outros centros de Galicia que consiste en facer reportaxes de cada zona e compartilos cos outros coles para coñecer os  trazos dialectais propios de cada zona :occidental (Vilagarcía e Muros), central (Lalín) e oriental (Entrimo).

LAXE DAS RODAS

MONTE LOURO, CARNOTA, FISTERRA...

O CONVENTO



OS MUÍÑOS



Xa podedes ver aquí os vídeos que fixeron os alumnos do CEIP Xoaquín Loriga:
https://xoaquinloriga.blogspot.com/search/label/Proxecto%20intercentros

domingo, 17 de febrero de 2019

Quen dixo medo?

Durante o primeiro trimestre realizamos unha serie de actividades que iremos publicando pouco a pouco. Unha delas foi esta actividade proposta polo EDLG no que se propoñía participar nun concurso de historias de medo nas que saíran personaxes mitolóxicos, o cartel que colgamos polo cole foi o seguinte:



Presentamos a continuación as historias inventadas polo alumnado de 3º de ED.Primaria e un equipo de alumnos de 5º e 6º de ED. Primaria, que medo!!!!!

A MEIGA CHUCHONA





A VIAXE DE FEDERICO










domingo, 3 de febrero de 2019

Anthony Browne

Se falamos de gorilas non poden faltar os libros do autor Anthony Browne, considerado un dos principais creadores de libros-álbum do mundo.
Nas súas historias son protagonistas gorilas e chimpancés. Ademáis, as súas obras inclúen detalles escondidos nas imaxes, que según el "reflexan a forma en que os nenos ven o mundo , porque están vendo as cousas por primeira vez".
Despois da lectura entenderedes por que é tan sinxelo namorarse dos contos deste célebre autor inglés.



En 1974, Koko (unha gorila entrenada na Universidade de Stanford que sabía comunicarse coa linguaxe de signos) pediu ós científicos que a observaban que lle acercaran un gato. Así comezou a amizade  entre Koko e All Bill, un gato sen cola a quen Koko adoptou coma se fose a o seu fillo. Meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristeza a través de signos.

Entón, iniciuouse unha discusión sobre si outras especies animais poden sentir emocións humanas.

Inspirado neste feito, Anthony Browne escribiu "Cosita linda"








Ó mesmo tempo que contamos do 1 ó 10 aprendemos os nomes de diferentes especies de primates; ó mesmo tempo que descubrimos un mundo de primates , descubrimos que aínda que todos son diferentes , todos pertencen a unha mesma familia, unha á que nós tamén pertencemos.