viernes, 26 de marzo de 2021

#ODS 15 - VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES

O pasado domingo 21 de marzo ademáis de celebrarse o día da Poesía tamén se celebraba o "Día internaional dos bosques". Erea de 4º de ED. Primaria fixo a lectura de "El viaje de Papelote", con el traballamos o obxectivo 15- Vida de ecosistemas terrestres, e realizamos unha campaña para animar a plantar árbores.


Erea móstranos a portada:


Despois da lectura elaboramos uns carteis cun eslogan  para animar a plantar árbores:

 

E como nos gusta a vida, plantamos árbores!!! 

Lúa trouxo sementes xerminadas para tod@s!!


 Daniela plantando a súa:


E aquí unhas fotos do proceso:




miércoles, 24 de marzo de 2021

#ODS 5-IGUALDADE DE XÉNERO

O xoves pasado, 18 de marzo, Inés Caamaño de 6º de ED. Primaria foi a encargada de facer esta divertida lectura "Ni guau ni miau" en relación co obxectivo "Igualdade de xénero".


Inés móstranos a portada antes de comezar a ler:


O domingo 21 de marzo celebrábase o "Día da Poesía" polo que despois da lectura recitamos o poema "Como se dibuja un gato" de Gloria Fuertes, unha forma máis de abrir as nosas mentes e debuxar un gato a partir dun "garabato".

viernes, 19 de marzo de 2021

ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA - 19 de Marzo

O noso centro forma parte do programa "Residuos 0", iniciativa que leva a cabo "Teachers for future" da que Candi forma parte ,polo que é a encargada de transmitirnos as diferentes accións que se desenvolven . Hoxe día 19 estaba programada a "Acción global polo clima"

 
Onte decidimos xuntarnos no patio do cole e todos xuntos cantamos esta canción:
 

E aquí tedes á profe Candi nun vídeo do curso pasado onde aparecen as mestras de diferentes coles que participaron nesta iniciativa: 
 

martes, 16 de marzo de 2021

#ODS 10-REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES

Para traballar este obxectivo decidimos levar a cabo a lectura "Las elecciones de los animales" da man de Iago de 5º.

Fixemos a gravación da lectura cando Iago fixo a lectura na súa clase  e proxectamos o conto para o alumnado da aula de 1º, 2º e 3º.

 


 

Aproveitamos a lectura e o obxectivo que pretendemos traballar para realizar unha votación. O alumnado das 2 clases de primaria debe decidir se se fai unha nova reorganización da distribución do patio para que se poda utilizar un dos patios cubertos para xogar o brilé, imos escoitar as propostas.

PROPOSTA -AULA 4º,5º E 6º

PROPOSTA-AULA 1º, 2º E 3º

Aquí vemos ós alumnos/as exercendo o seu dereito a voto: 


 
Reconto dos votos:



E as actas finais cos resultados:



viernes, 12 de marzo de 2021

Maleta Literaria-Contos para un planeta

Na escola podemos tomar conciencia de como as nosas accións cotidianas poden ter consecuencias no medio ambiente. Accións como mercar demasiados xoguetes que logo acaban no lixo, comida con demasiados envoltorios que enchen os contedores,... E o importante é que nós podemos decidir que facemos e que non, se queremos contribuir a que os animais e as plantas que comparten connosco este planeta  sigan vivindo ou a que vaian desaparecendo sen remedio. Sen olvidar que a nosa vida depende da súa supervivencia.É importantísima esa concienciación no noso alumnado xa que logo  eles serán os que transmitan esta mensaxe ás súas familias. Entre todas e todos podemos facer moito. Unha maneira de traballar esta concienciación medioambiental na escola é a través de contos, e esta maleta literaria que nos chegou contén 16 libros cunhas emocionantes historias nas que a protagonista é a natureza, e adaptadas ás idades máis pequenas.

Xa comezamos a lectura dalgún dos libros en Infantil, e encantáronlles.

Alexa era a encargada de hoxe e recibiu a maleta con moita ilusión.


 E aquí están todos contentos mostrándonos os diferentes libros.




lunes, 8 de marzo de 2021

Día da Muller- Avoas de Louro

Con motivo da celebración do "Día da Muller" deseñamos unha actividade na que plantexamos dúas preguntas ó alumnado de Primaria:

  • Que é unha avoa?
 
  
  • Que fan as avoas?
 
  
 
 Na primeira pregunta fixemos o posible para que ningún deles escoitase o que contestara antes o seu compañeiro, precisabamos a sorpresa  , na segunda pregunta xa o fixemos en grupo para que fluíran diferentes respostas.
Debemos ter en conta a idade do alumnado e pensar que para eles unha persoa de 40 anos xa ten mooooitos anos.
Despois de ver os vídeos tivemos un tempo de debate no que falamos do que lles chamara a atención, dos estereotipos e da visión  noutras sociedades da figura das "avoas"  xa que o rol de coidadoras , protectoras e mulleres que desempeñan moitas das labores do fogar, que sae nas respostas,  non se corresponde co rol que as avoas desempeñan noutros países.
Para finalizar e sendo conscientes da importancia das avoas no noso pobo, na nosa sociedade, unha xeración admirable que segue a sustentar as familias, adicámoslles un vídeo coas fotos tan bonitas que nos enviástedes, e como non este día vai adicado a elas, e ben merecido!!!!

8M-Xincana pola igualdade

O alumnado de ED. Infantil participou nunha xincana na que tiveron que superar varias probas, de rapidez, forza, resistencia, habilidade... que ben o fixeron todas e todos.