jueves, 29 de octubre de 2020

Biblioteca creativa

Recibimos a fantástica noticia de que a nosa biblioteca pasa a formar parte do programa "Biblioteca creativa" esta iniciativa está  destinada a apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos no seo da biblioteca escolar. 

O 26 e 27 de outubro recibimos 8 horas de formación:


 E aquí está un dos robots que imos ter na biblioteca  o "escornabot":


A plantar!!!

Sabedes que a profe Luz é unha gran coñecedora das plantas, encántalle a natureza  e agora que ten tempo porque está xubilada preparou para nós unha gran variedade de plantas : ourego, incenso, aloe vera, plantas suculentas...que imos plantar nos maceteiros que a ANPA colocou no noso patio.


EcoRevolución II

Este curso reformulamos o tema anual que comezamos o curso pasado, remataremos os diferentes proxectos que comezamos o  pero imos adentrarnos nas posibilidades do noso patio para o cultivo a pequena escala (hortos verticais , con botellas, en testos ..) para fomentar o autoconsumo e evitar a pegada ecolóxica do transporte de alimentos dende lugares lonxanos ós nosos supermercados.

Este curso máis que nunca coa situación derivada do COVID botamos a nosa mirada ó exterior , á natureza , e o noso patio ofrécenos un abano de posibilidades que queremos aproveitar.


 

Os obxectivos que marcamos son os seguintes:

-Coñecer as posibilidades de cultivo a pequena escala: hortos verticales, testos con materiais de reciclaxe como botellas etc.

-Facer consciente ó noso alumnado da pegada ecolóxica que supón o transporte de alimentos desde lugares afastados.

-Trasladar a actividade do centro ás súas casas e que cultiven nun espazo reducido algún tipo de planta.

-Transmitir a sabedoría popular, a través de xente do noso pobo, do cultivo da terra.

-Poñer en valor a riqueza gastronómica , dos  produtos galegos.

-Levar a cabo un proxecto de economía circular.

Todos eles serán levados a cabo a través proxectos de investigación e  lecturas dinamizadas desde a biblioteca.

miércoles, 14 de octubre de 2020

Curso 2020/21

Comezamos este curso mantendo os retos cos que iniciamos o curso pasado pero aínda máis comprometidos co noso entorno tendo en conta o que vivimos estes últimos meses.

A nova situación supón unha oportunidade para atopar o vínculo coa nai natureza.

A natureza espéranos, ofrécenos e danos. A natureza está con nós!!!

O primeiro día de clase despois de explicar os cambios e as normas que rexirán este curso saímos ó patio a realizar unha actividade que Rasi, o esquío da nosa clase,  nos propuxo.

A aula de 1º, 2º e 3º está organiada en equipos cooperativos polo que cada un recolleu polo patio: pedras, paus, follas, castañas, landras... cos que formou o nome do noso pobo, quedoulles moi ben a que si!!!


 Primeiro recolectaron:

Letra a letra...


E o traballo feito en equipo!!!


O segundo día de clase os alumnos da aula de 4º, 5º e 6º fixeron a mesma actividade: