viernes, 27 de septiembre de 2019

lunes, 23 de septiembre de 2019

Accións - Semana polo clima

Luns 23 de setembro
"Un minuto de silencio pola Terra"
Antes de gardar o minuto de silencio os alumnos de  4º, 5º e 6º leron a carta que enviu en 1855 o xefe indio Seattle da tribu Suwamish ó presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce, en resposta á oferta de compra das terras dos Suwamish no noroeste dos Estados Unidos, actual Estado de Washinton. Os indios americanos estaban moi unidos a súa terra non coñecendo a idea de propiedade, é máis, consideraban a  terra dona dos homes. A carta, conmovedora e lúcida, di así:


Martes 24 de setembro
"Levamos unha camisola verde ao cole" 

 Unidos podemos lograr o que queiramos así que...


Mércores 25 de setembro
Vemos a curtametraxe "LEMON"

Aquí tedes o enlace:
 https://www.youtube.com/watch?v=0e2zK0v2XPA

Fixemos o xogo "MICROPLÁSTICOS NO NOSO PRATO"
Dividimos a todo o alumnado en 4 equipos:

Recreamos unha cadea trófica:
O equipo do plancto, que levaba un vaso de plástico colgado, era o primeiro en sair á pista e o equipo de peixes pequenos tiña que comelos a todos.A continuación saían os peixes grandes e comían ós peixes pequenos que tiñan tamén un envase de plástico colgado e dentro o vaso que pertencía ó plancto.Ó final saían os humanos a pescar  os peixes grandes que tiñan os plásticos dos peixes pequenos e do plancto.
Varios momentos do xogo:
O final xuntámonos con todo este plástico:

Xoves 26 de setembro
"Realizamos cartaces polo clima" 


Venres 27 de setembro
Parón no recreo, mostramos os cartaces


domingo, 22 de septiembre de 2019

Semana Mundial polo Clima


Durante esta semana, 23-27 de setembro,  celebraremos a Semana Mundial polo Clima con actividades para concienciar contra a situación de emerxencia climática.

Estas son as actividades programadas:



viernes, 20 de septiembre de 2019

EcoRevolución

"EcoRevolución" é o nome do proxecto anual que traballaremos durante este curso coordinado desde a biblioteca do centro.





  • Queremos facer unha aposta polo equilibrio e conservación da natureza e a protección  dos ecosistemas.
  • Faise imprescindible a concienciación de todos sobre as consecuencias das actividades humanas no medioambiente e os problemas ambientais que xeran.
  • Introduciremos no alumnado actuacións e hábitos para o seu futuro xa que non so debemos pretender que adquiran unha serie de coñecementos senón que os poñan en práctica na súa vida diaria.
  • De experiencias cercanas ó seu entorno progresaremos a entornos máis alonxados e complexos.
  • Esta será a base para que os alumnos/as sexan  futuros cidadáns preocupados e concienciados pola mellora e conservación do entorno que os rodea.
  • miércoles, 11 de septiembre de 2019

    Comezo de curso en verde!

    Menuda enerxía traen estes rapaces!!! Hoxe foi un día de reencontros para todos, no que quixemos dar mostra do que vai ser un curso 2019-20 moi participativo!!!
    Para nós, como centro, é moi importante tecer unhas boas relacións entre o alumnado:

    Por outro lado, estamos convencidas que o coñecemento do entorno no que vivimos fomenta valores de respecto, colaboración e responsabilidade ante o medio natural.
    O primeiro día de clase deseñamos unha "actividade introdutoria" sobre as árbores que máis abundan en Louro, para recibir e ir facendo partícipe ó noso alumnado do que vai ser este curso:


    Observamos, diferenciamos e clasificamos:

     Comezamos o noso caderno de campo:


    E saímos a ver se atopamos algunha no patio, de paso recollemos unhas pólas ás que lles daremos moitos usos...

    Xogamos a recoñecelas:


    E que me dicides de todos eses seres que viven nos bosques...

    Existen máis cousas e seres dos que vemos cos ollos de ver.
    Basta un pouco de sensibilidade, abrir os ollos, preparar a orella e aguzar o olfacto,
    e arredor de nós irase  poboando todo de seres tan variados coma a nosa fantasía.
    Durante anos a xente soñou  seres marabillosos, e , na medida en que os soñaba, existían.
    Isto que ven a continuación é froito do noso guichar o ollo e da nosa imaxinación,
     pero os seres da fraga non se esgotan nestas páxinas.
    Escondidos entre as árbores hai moitos
    que agardan por ti para teren vida.


    Todo o alumnado saiu a buscar entre as árbores do patio seres da mitoloxía galega que estaban agochados e que aparecen neste fermoso libro...despois, nas clases, comentaron as súas peculiaridades.





    E se xuntamos todo nun mural...

    O alumnado de 4º, 5º e 6º desfrutará cunha lectura que non pode faltar na etapa de primaria da man de Agustín Fernández Paz e cun protagonista moi especial, o trasno "Derdrin":