sábado, 23 de marzo de 2019

Venres polo medioambiente- Propostas no concello

Este venres 22 de Marzo acudimos ó concello de Muros para facer ás nosas propostas de mellora do medioambiente, sumámonos así ás protestas globais para solucionar este problema tan grave.  A alcaldesa de Muros recibiunos e polo que publicou na súa conta quedou moi contenta coas nosas propostas, nós tamén lle queremos agradecer que nos escoitara.


Visita de Antón Parada

En relación co tema deste ano non podía faltar a visita dun xornalista, e xa que estamos dentro do programa de "Prensa - escuela" non poidemos ter mellor representación do xornal "La Voz de Galcia".
O xornalista Antón Parada explicoulle ó noso alumnado en que consiste o seu traballo e contestou a todas as dúbidas que tiñan.
Enlace á noticia da visita:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/03/15/alumnos-louro-descubren-periodismo/0003_201903B15C4996.htm

Antón coñeceu á nosa auxiliar lingüística, Sarah Howard, e quedou tan fascinado coa historia de por qué quixo vir a Galicia de auxiliar e a súa faceta artística, cantautora, que lle fixo unha entrevista e unha publicación que nos encantou.
Enlace á noticia de Sarah: