lunes, 28 de diciembre de 2020

martes, 22 de diciembre de 2020

Postais de Nadal

Presentámosvos as postais gañadoras deste ano, a de Naiara de 6º é a elixida para facer as felicitacións en nome do centro pero temos unha gañadora de cada curso.

Este ano a consigna foi debuxar unha árbore.

Postal de Naiara, 6º:

Postal de Infantil de Alejandro Lago:


 

Postal de Alejandro Búa de 1º.

 

 

Postal de Daniela , 2º:


Postal de Sara, 3º:


Postal de Alba, 4º:

Postal de Inés Beiro, 5º:






Felicitación "Xeografías lectoras"

Aquí tedes a felicitación coa que o alumnado de Louro  desexa un bo Nadal en diferentes idiomas do continente europeo.


Titorial:"Montaxe dos escornabots"

Iago, Marta Fernández, Inés Beiro e Marta Formoso alumnos/as de 5º de primaria nos explican neste titorial como se montan os escornabots.


martes, 15 de diciembre de 2020

Ciclo de lecturas 25N

A semana pasada rematamos o ciclo de lecturas polo 25N. A situación actual fixo que nos demorásemos no pase dos vídeos para respectar os tempos de cada clase na biblioteca.
Pero ... que actividade máis bonita! que sensación tan agradable produce escoitar un conto, desfrutar da narración en sí mesma, queremos agradecer a Isaac, Jaime, Juanma , Alfonso, a Beni e a María e a Jose Ramón a súa participación , grazas por contarnos a todos os alumnos/as e mestras estas historias. Quixemos facer un resumo da actividade collendo un pequeno fragmento de cada vídeo, aquí vai: 
 

 Con esta actividade traballamos os obxectivos 4 e 5 da AXENDA 2030: 

 


miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Durante esta semana estamos levando a cabo o ciclo de lecturas relacionadas coa igualdade poñendo na biblioteca os vídeos que nos enviástedes, estamos moi agradecidas pola vosa participación,  este curso especialmente temos moitas gañas de seguir facendo actividades que cremos que son moi significativas para o alumnado, nas que todos participamos, coas que aprendemos, compartimos e desfrutamos.

Aquí vos deixamos este vídeo , demos un maior protagonismo ás rapazas para facer visible unha situación que está cambiando pero que aínda lle queda moito camiño, por nós o seu empoderamento non vai quedar, desfrutádeo!!!

 


sábado, 14 de noviembre de 2020

Lecturas pola igualdade "Mulleres imperfectas"

Con motivo da conmemoración do "Día Internacional contra a violencia de xénero"  este ano faremos un ciclo de lecturas coas que queremos poñer de manifesto situacións que condicionan o comportamento e a construción da imaxe propia nas mulleres.

En recentes estudos segue a observarse unha escasa presenza de  mulleres en carreiras  técnicas e enxeñerías , hai unha falta de modelos?, é a transmisión de modelos que fan os medios de comunicación, familias, centros educativos...?

Mentres siga pasando todos debemos analizar o noso papel nesta situación.

As lecturas que propoñemos son as seguintes:

 

Como este ano a situación do COVID nos invita  a reinvertarnos queremos propoñervos o seguinte: desde o colexio faríamosvos chegar un destes libros, e deberiades gravarvos nun vídeo facendo a lectura que despois nos enviaredes. Nós no colexio proxectaremos na biblioteca o voso vídeo para que todo o alumnado en diferentes pases o vexa, aínda que son libros curtos e que poderiamos encasillar para nenos pequenos teñen uns contidos moi interesantes para debater cos maiores.

E agora vai a última proposta, gustaríanos xa que o curso pasado algún xa o fixo, que estas lecturas fosen realizadas por pais, parécenos moi interesante ceder neste caso ese espazo á vosa figura xa que un paso moi importante na finalidade que aquí plantexamos é tamén o cambio do modelo masculino na sociedade.

Animádevos!!!


martes, 3 de noviembre de 2020

Samaín e Halloween

Este curso as ganas de celebrar o Samaín e o Halloween eran as mesmas así  que buscamos  algunhas alternativas ó que faciamos.

Queriamos manter o tallado ou decoración de cabazas e que mostrárades o proceso, aquí deixamos unha mostra do que fixéstedes, agradecemos a vosa implicacion.

INFANTIL

PRIMARIA

Puxemos en marcha unha proposta de Candi para invesigar sobre o morcego de ferradura pequeno en Galicia. No noso cole na primavera recibimos sempre a visita deste animal, sempre ten as crías no colexio e debido á confusión existente actualmente polo tema do COVID este animal está collendo unha fama que non merece todo o contrario é un animal en perigo de extinción  que debemos protexer.


Deixamos este enlace de interese:

http://morcegosdegalicia.org/proyecto_hippos.php?idioma=es

 

Fixemos algunhas actividades máis...

Acompañamos con percusión corporal e cuns vasos a melodía da "Familia Adams", queríamos percutir o acento pero algúns percutían o pulso, outros o ritmo, outros non sabemos ... bueno parece que se divertiron bastante!!!


As alumnas de 6º con Hugo realizaron este baile ó aire libre porque nos sigue gustando bailar!!!


Tamén convocamos o "III Concurso de relatos de terror" 


 As historias gañadoras son......!!!!!

jueves, 29 de octubre de 2020

Biblioteca creativa

Recibimos a fantástica noticia de que a nosa biblioteca pasa a formar parte do programa "Biblioteca creativa" esta iniciativa está  destinada a apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos no seo da biblioteca escolar. 

O 26 e 27 de outubro recibimos 8 horas de formación:


 E aquí está un dos robots que imos ter na biblioteca  o "escornabot":


A plantar!!!

Sabedes que a profe Luz é unha gran coñecedora das plantas, encántalle a natureza  e agora que ten tempo porque está xubilada preparou para nós unha gran variedade de plantas : ourego, incenso, aloe vera, plantas suculentas...que imos plantar nos maceteiros que a ANPA colocou no noso patio.


EcoRevolución II

Este curso reformulamos o tema anual que comezamos o curso pasado, remataremos os diferentes proxectos que comezamos o  pero imos adentrarnos nas posibilidades do noso patio para o cultivo a pequena escala (hortos verticais , con botellas, en testos ..) para fomentar o autoconsumo e evitar a pegada ecolóxica do transporte de alimentos dende lugares lonxanos ós nosos supermercados.

Este curso máis que nunca coa situación derivada do COVID botamos a nosa mirada ó exterior , á natureza , e o noso patio ofrécenos un abano de posibilidades que queremos aproveitar.


 

Os obxectivos que marcamos son os seguintes:

-Coñecer as posibilidades de cultivo a pequena escala: hortos verticales, testos con materiais de reciclaxe como botellas etc.

-Facer consciente ó noso alumnado da pegada ecolóxica que supón o transporte de alimentos desde lugares afastados.

-Trasladar a actividade do centro ás súas casas e que cultiven nun espazo reducido algún tipo de planta.

-Transmitir a sabedoría popular, a través de xente do noso pobo, do cultivo da terra.

-Poñer en valor a riqueza gastronómica , dos  produtos galegos.

-Levar a cabo un proxecto de economía circular.

Todos eles serán levados a cabo a través proxectos de investigación e  lecturas dinamizadas desde a biblioteca.

miércoles, 14 de octubre de 2020

Curso 2020/21

Comezamos este curso mantendo os retos cos que iniciamos o curso pasado pero aínda máis comprometidos co noso entorno tendo en conta o que vivimos estes últimos meses.

A nova situación supón unha oportunidade para atopar o vínculo coa nai natureza.

A natureza espéranos, ofrécenos e danos. A natureza está con nós!!!

O primeiro día de clase despois de explicar os cambios e as normas que rexirán este curso saímos ó patio a realizar unha actividade que Rasi, o esquío da nosa clase,  nos propuxo.

A aula de 1º, 2º e 3º está organiada en equipos cooperativos polo que cada un recolleu polo patio: pedras, paus, follas, castañas, landras... cos que formou o nome do noso pobo, quedoulles moi ben a que si!!!


 Primeiro recolectaron:

Letra a letra...


E o traballo feito en equipo!!!


O segundo día de clase os alumnos da aula de 4º, 5º e 6º fixeron a mesma actividade:


 


lunes, 22 de junio de 2020

Revista 19-20

E xa como peche final aquí vos deixamos a revista do curso escolar 2019-20, esperemos que desfrutedes con este resumo dun curso que sen dúbida quedará para sempre nas nosas memorias.

Tamén as profes queremos dicir adeus

Tamén nós, as profes, queremos dicirvos adeus, nun ano que se revela especial en todo. Moitas de nós rematamos aquí unha etapa das nosas vidas profesionais e non podemos deixar a ocasión de expresarvos canto significou este colexio e esta comunidade educativa, alumnado e familias para nós. As outras dicimos ata pronto, vémonos en setembro, con forza e ánimo para integrar a novos profes neste noso cole.

Irene ten unha lembraza para todos e cada un de vós:


E marcha con tantos bos momentos no corazón, mirade algúns deles:

  
Carta despedida ANPA:

 Luz escribiu unhas emotivas liñas:

Silvia despídese dende un marco incomparable, beleza na paisaxe e nas palabras:


Candi e unha amiga moi especial tamén nos queren desexar un feliz verán:

 
Ester leva a nosa luz no corazón:


María Corral, co chandal posto, despídese e desexa o mellor para o vindeiro curso:


A profe Mari Carmen ten unhas palabriñas personalizadas para cada grupo:


E unha fermosa carta para os amig@s de 6º:


E so far away, chega a mensaxe de Mathew:

Bo verán, compañeir@s!

Despois deste trimestre tan singular en que non nos vimos día a día na aula, en que non compartimos espacios e actividades, chega o momento das despedidas, de dicirnos ata o curso que e desexarlle o mellor aos que rematan esta etapa. Tampouco para isto poderemos atoparnos, así que o facemos dende aquí...

Algúns con debuxos e imaxes:

  
Outros atrévense co vídeo, expresión corporal, baile, canto...:

 
Outros chegan ao corazón só coa expresividade da voz:


Ver en Vocaroo >>

Un lugar especial merecen os compañeir@s de 6º, que nos din adeus para continuar os seus estudos no instituto. Botarémosvos moito de menos.


Ata sempre...

viernes, 19 de junio de 2020

Proxecto "Ecosistemas"

Ata aquí un resumo do proxecto que estabamos a realizar na aula de 1º, 2º e 3º de Primaria e que remataremos o curso que ven:
Aquí podedes ver imaxes do proceso, parece que non o pasan nada mal:

Cos pes na terra

Deixamos aquí o programa de tv protagonizado polo alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria que fixemos no 1º trimestre deste atípico curso 19-20, como unha mostra dos traballos que tanto nos gustan facer. As gravacións, os ensaios... e este resultado final dun grupo moi especial. Co paso dos anos comprobamos que son este tipo de actividades :programas de tv, obras de teatro, bailes... os que quedan na memoria do noso alumnado por iso aquí queda, que desfrutedes véndoo!!!

jueves, 18 de junio de 2020

Lecturas para o verán

A continuación mostrámosvos unha serie de remendacións  para os nosos rapaces. O verán é un momento marabilloso para desfrutar da lectura, esperamos que vos gusten!!!!

TRÍPTICO RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS - VERÁN


jueves, 4 de junio de 2020

Mira quen baila

Benvidas e benvidos á academia de baile do CEIP de Louro. Na nosa escola poderás aprender o estilo de baile que máis che guste. Nos seguintes titoriais podes ver os diferentes bailes, pero o mellor de todo é que te atrevas a bailar con nós!!

Comezamos cun quecemento da man da profe María:


E sen máis preámbulos, a bailar:

Vamos collendo o ritmo con ALBA:


Seguimos con PAULA:

Que o ritmo non pare, non! ADAI:

Vamos alá con LARA:

A divertirse ao ritmo de ALMA:

Non vos perdades esta sesión con LÚA

Co toque de FERNANDO:

PAULA's style:

ADAI de novo:

A suar con IRIA:

LEIRE's challenge:

Se aínda queredes máis:

Último baile, ao máximo nivel, con IRIA:

Rematamos a ritmo de percusión con DAVID:

E despedímonos pedalando con ÓSCAR. Agardamos vervos de novo pola nosa academia de baile.

domingo, 24 de mayo de 2020

Misión "mascarilla"

Pois sí, temos unha misión moi importante que cumprir, debemos protexer a todas as persoas que nos rodean e, como ó imos facer? A continuación podedes ler a historia de "Carola mascarilla" , é un videoconto no que se leva a cabo unha combinación perfecta, literatura, música e debuxo, da man de Ángeles González Sinde, Freddy Valero e Joseba Díez Iriondo e que se publicou esta fin de semana no diario "El País", deixámosvos aquí o enlace e unha proposta para facer despois de velo e escoitalo. 

Premede neste enlace para acceder á noticia e poderedes ver o videoconto:
 https://elpais.com/elpais/2020/05/21/mamas_papas/1590042137_345296.html

A actividade que vos propoñemos é a seguinte:
"Mascarilla" é unha palabra que rima con moitísimas outras palabras que tamén rematan en -illa , así que debedes inventar un pareado baixo esta consigna:
"Con mascarilla...
Deixámosvos a continuación unha plantilla coa personaxe principal, debedes decorar a mascarilla e escribir a rima. Enviádenos unha foto do debuxo e un audio no que leades o pareado!!!

E aquí está o voso traballo!!! , que creativos estades!!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

XIII Concurso Literario "Laxe das Rodas"

Aquí están os relatos premiados no XIII Concurso Literario "Laxe das Rodas", esperamos que desfrutedes coa súa lectura, noraboa ós gañadores!!!



Publish at Calameo

E que nos dicides das galiñas que fixeron os alumnos/as de infantil: en vídeo, debuxadas, con follas e flores ou materias que tiñan a man, que imaxinación!!! Están tan bonitas que foi moi difícil elixir, grazas a todos por participar!!!
Os gañadores foron Martina e Alejandro Búa, pero aquí deixamos unha mostra de todos os traballos!!! 

Día das Letras Galegas

En conmemoración do Día das Letras Galegas, achegámonos á figura de Ricardo Carvalho Calero a través dun divertido Scape Room Virtual.

ESCAPE ROOM | CEIP Nicolás del Río

Tamén limos o relato infantil do autor "As pitas baixo a choiva", baseado nunha simpática anécdota da súa infancia.

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

A partir do relato, preparamos esta homenaxe, O GALIÑEIRO DE DON RICARDO:


Para coñecer algo máis acerca deste autor, convidámosvos a ver a presentación que preparou Alba (3º de Primaria):

domingo, 3 de mayo de 2020

Día da nai

Da man de Pep Bruno , narrador oral e escritor, presentámovos esta recomendación que nos fai a través do blogue de Mariaje Paniagua Cáceres, dunha lectura que está a nosa disposición durante estes días de confinamento.
Queremos adicarlle esta lectura a todas as nais do noso cole, sempre presentes, esperamos que esbocedes un sorrriso acompañando ós vosos rapaces e rapazas con esta breve lectura!!!

"Secreto de familia" escrito e ilustrado por Isol e editado polo Fondo de Cultura Económica.
Premede neste enlace para poder lelo:

Vedes que na última páxina invita a debuxar a vosa familia a unha hora  tan intempestiva como as 6:00 am. Queremos ver eses debuxos!!!!

Aquí está a nosa versión do libro, "Secretos das familias do cole de Louro", moitas grazas por participar!!!!



A continuación os alumnos de 3º  fan o resumo do conto:
Óscar:


Alba:


Fernando:


Erea:


Hugo:


Para rematar Erea cóntanos como comezan o día na súa casa 🔝:

lunes, 27 de abril de 2020

Recomendacións dos nosos Booktubers polo Día do Libro

E aquí temos aos nosos Booktubers con unhas marabillosas e variadas recomendacións de lectura para conmemorar o Día do Libro. En galego e en castelán, de diferentes temáticas, para todas as idades. De seguro que atopades algo do voso gusto.

Recomendacións alumnado de 1º:
Recomendacións alumnado de 2º:
Recomendacións alumnado de 3º:
Erea
 
Alba 

Fernando
Óscar -Lectura en castelán

Óscar-Lectura en galego
Hugo
Recomendacións alumnado 4º,5 ºe 6º :

Leire(6º)
Iria(6º)

Miguel(6º)

Atenea (6º)

 Hugo(5º)


Iago (4º)


Recomendacións de Inés Caamaño (5º) e Naiara (5º):

domingo, 19 de abril de 2020

Eu quedo na casa, así levamos o confinamento

Nestes extraños días, fixemos a lectura do libro #EUQUEDONACASA, do escritor Ramón de Veiga, que podedes descargar aquí.



Se preferides escoitalo, aquí tedes unha lectura perfectamente modulada e interpretada, feita polo compañeiro Óscar de 3º de Primaria.


View on Vocaroo >>

O mesmo que Alma, pero que ben len os de primeiro!!!


E Adai!!



Ao igual que o protagonista do relato, os alumnos e alumnas do centro foron contándonos o que fan nestes días e AS COUSAS QUE BOTAN DE MENOS. Imos compartir estas últimas.

A maioría botan de menos aos compañeiros e compañeiras do cole, que son moi especiais nas súas vidas. Así, Alma, Alba e Erea de 3º, as dúas Martas de 4º ou Iria de 6º. Polo menos, poden chamarse e vídeo chamarse con frecuencia para manter o contacto.

Algunhas delas tamén se lembran das súas profes e incluso, como Alma, Óscar, Erea ou Noa, volverían de boa gana ao cole. Nós tamén nos acordamos moito de vós.

Tamén senten a falta de outras persoas, coma Lúa ou Óscar, que botan de menos xogar cos seus primos e primas; Xaime que ten moitas ganas de visitar de novo á súa avoa ou Adriana, que se acorda moito do seu pai.

Tamén o encerro fai que sintan nostalxia e necesidade de actividades físicas e grupais, como é o caso de Matías, Hugo e os demais Miúdos e Miúdas, que teñen moitas ganas de volver adestrar todos xuntos no campo de xogo.

Lúa tamén desexa ir de novo ao parque e pasear polo monte. Marta Fernández, Erea e Noa sumaríanse con gusto a ese paseo. Erea tamén se achegaría con gusto un ratiño ata a praia. E Alma agarda expectante a hora de visitar de novo os lugares da vila aos que tiña costume de ir.

E non faltan as persoas de bo conformar, como é o caso de Adai ou Inés de 5º, que se atopan a gusto na casa, gozando destes días; iso si, sen perder o contacto, aínda que sexa online, cos compis.

Con todo, sabemos que O QUE TOCA É FICAR NA CASA, como ben nos recorda Alba neste poema que compuxo e que reproducimos no seu formato orixinal, pois estase a convertir en toda unha experta na edición de textos:



viernes, 17 de abril de 2020

Somos BookTubers! Celebramos o Día do Libro con recomendacións de lecturas

O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Este ano non imos poder facer unha actividade tan destacada de convivencia e cooperación como son os apadriñamentos lectores. Malia todo, o que si podemos facer é compartir e recomendar as nosas lecturas favoritas e aproveitar esta ocasión para vernos as caras.

Dende o equipo de Biblioteca, facémosvos a seguinte proposta, totalmente voluntaria, para aqueles aos que vos preste compartir esas lecturas que tan bos ratos vos fan pasar: recomendar aos compañeiros e compañeiras unha das vosas lecturas favoritas a través dun pequeno vídeo. Como material de apoio, deixámosvos un guión, que é moi recomendable cubrir previamente para axudarvos a preparar o contido do vídeo, así como un exemplo de vídeo de recomendación de lectura dun compañeiro moi querido ao que aproveitamos para mandar un saúdo e o noso agradecemento por colaborar nesta actividade ;-)


Os vídeos que elaboredes, enviádeos á profe da lingua correspondente, segundo se trate dun libro en galego ou en castelán. Achegade tamén copia do guieiro cuberto, que podedes imprimir ou copiar nun caderno.

Plantillas:




martes, 14 de abril de 2020

¡Como recende esta cociña!

A que vos ule? A cousas moi ricas! Deliciosas! 
Mirade un exemplo: Erea e Suevia fan un delicioso pastel de cenoria! Mmm 😋!


Paula de 2º animouse a facer unha tarta de nesquik:


Todas e todos traballamos moi duro, pesando, cortando, relando, batindo, mesturando, ... Fixémolo con moita ilusión de compartir coas nosas compañeiras e compañeiros un bocado moi saboroso, aínda que sexa a distancia!
Desexamos que pronto poidamos compartilo todos xuntos na escola!


E aquí tedes o noso receitario! Recén saído do forno ! 😜








domingo, 5 de abril de 2020

Propostas de observación da natureza

Presentámosvos dúas propostas para aprender gozando do contacto coa natureza ben dende as xanelas, ben nos xardíns e zonas exteriores das vivendas.

A PRIMAVERA NON O SABÍA ...

Proposta que nos chega da man dos compis de infantil achegándonos este fermoso e emocionante vídeo para facer unha proposta. 

Nestes días nos que estamos encerrados nas nosas casas, aí fóra están a ocorrer un montón de cousas asombrosas: brótanlle as follas ás árbores, o campo énchese de flores, vemos voar bolboretas, oímos o canto dos paxaros, ... Xa chegou a primavera!

Que vos parece se compartimos o que máis nos guste ou impresione de todos esos cambios que están a acontecer na natureza? A través de fotos, vídeos, debuxos feitos por vós nos que a primavera e os cambios que trae sexan os protagonistas. 

Animámosvos a todos a participar!


AVES DENDE A CASA

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un caderno de campo co quea cativada poida debuxar as especies observadas dende a xanela. Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha lámina ilustrada para coñecer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na provincia de Pontevedra.

Na lámina facilitada pola Deputación inclúense as especies máis habituais nestas datas como son os pardais comúns, as rulas turcas, gaivotas de patas amarelas, pombos torcaces, merlos comúns, paporrubios comúns, lavandeiras brancas, estorniños negros anduriñas comúns e cirrios comúns. Este caderno de campo, que debe incluír a data de observación, a hora, condicións climáticas e aves identificadas, pódese elaborar en familia, implicando ás nenas e nenos para que debuxen as especies observadas e as compartan a través de redes sociais empregando o hasthag #AvesDesdeCasa.

Se participades nalgunha das iniciativas e queredes ver as vosas aportacións publicadas neste blog, facédeas chegar á profe de lingua.

viernes, 3 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

Presentacións sobre a lagoa de Louro

A continuación expoñemos algunhas das presentacións que, de xeito cooperativo, realizaron na aula de maiores de primaria sobre a lagoa de Louro e os seus valores ambientais. Trátase do traballo dos tres grupos que remataron a súa presentación. Agardamos poder volver ao cole para concluír os traballos que quedaron pendentes de entrega.

GRUPO DE CARLOS (6º), INÉS (5º), INÉS (4º) E MARTA FORMOSO (4º):



GRUPO DE ATENEA (6º), HUGO (5º), NAIARA (5º) E IAGO (4º):


GRUPO DE IRIA (6º), LAURA (5º), DAVID (4º) E MARTA FERNÁNDEZ (4º):


Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:


A ADIVIÑA DE HOXE:

miércoles, 1 de abril de 2020

Aprendemos vocabulario cantando

Aquí tedes unha serie de divertidas cancións para repasar e aprender vocabulario na nosa lingua.

- O tempo.



- Os días da semana.


- Os meses do ano.

- Os números.


- As letras do abecederio.

- Os peixes.


Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:




A ADIVIÑA DE HOXE: