lunes, 26 de abril de 2021

#ODS 7- ENERXÍA ACCESIBLE E NON CONTAMINANTE

 A natureza sempre nos ensina , a través deste libro e dos vagalumes aprendemos a importancia da luz, da amizade, e do marabillosa que é a natureza.

Xaime fainos a lectura do libro:


A temática deste obxectivo anímanos a realizar unha actividade onde realizaremos un circuíto sinxelo que de luz ós nosos vagalumes, imos ver como o facemos:

1º- Realizamos o circuíto con cinta adhesiva de cobre , un led e unha batería.


 Queda así:


Imos probando a ver se funciona:





E agora imos poñer a cartulina co vagalume




E aquí as fotos dos vagalumes alumeando:





#ODS 9- INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA

 E o pobre lobo que so quería atopar wifi... logrará tela?, un conto hábil que introduce outros contos tradicionais que imos recoñecendo, unha renovación da imaxe do lobo sen dúbida.

Óscar foi o encargado de facer a lectura:

Imos axudar ó pobre lobo, debedes deseñar un móbil, tablet ou dispositivo para que poda conectarse.




#ODS 11- CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES

 Para traballar este obxectivo faremos a lectura do libro "Nada de Nada " para facer consciente ó noso alumnado do impacto na paisaxe da acción humana.



David encárgase da lectura:


 A actividade que realizamos é facer diferentes construcións con materiais diversos:




#ODS 14- VIDA SUBMARINA

Decidimos elixir o libro "Versos del mar" para traballar este obxectivo a través  da poesía , aquí mostramos a lectura dun dos poemas que escolleu Marta que mostra a defensa da vida submarina en verso.


 

domingo, 25 de abril de 2021

#ODS 3-SAÚDE E BENESTAR

As últimas investigacións insisten na importancia de que a base da nosa alimentación sexa a verdura e a froita, que mellor mostra que visistar "A horta de Simón" e aprender a analizar diferentes platos. Inés fai a lectura do libro.

Analizamos receitas , que ingredientes levan?, cal destes platos leva so produtos da horta?

Caldo galego

Ensaladilla rusa


Ensalada


Aquí vemos como o fixeron:






viernes, 23 de abril de 2021

E TI? EN QUE LIBRO QUERES ENTRAR?

Para celebrar o "Día do Libro" fixemos esta invitación ó alumnado de Infantil e Primaria e un a un foron indicando o libro no que lles gustaría "entrar" ,e coma nos libros, no noso cole, todo é posible!

En Infantil...

 En Primaria

 

A continuación mostrámosvos como é o proceso de elaboración das montaxes cos pasos que seguimos: 

Así o noso alumnado trasládase a un bosque , un barco pirata, ó mar...en definitiva onde o libro os leve.

A nosa proposta resultou gañadora despois de presentala á convocatoria realizada polas Bibliotecas Escolares de Galicia, CREAcción Día do Libro 2021 ,aquí podedes ver o noso centro entre os seleccionados.



jueves, 22 de abril de 2021

#ODS 8 - TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO

Para este obxectivo realizamos a lectura do libro "Mi vida de abeja", unha forma de acecarnos a este marabilloso animal.

Lectura do libro:
 


  Proposta de Hugo:


Que interesante, con coidado de non cortarnos!!!!

A verrrr!



Día do planeta

Hoxe para conmemorar o día do planeta saímos ó noso patio e plantamos unhas pipas!!! para que nazcan xirasoles.



martes, 20 de abril de 2021

#ODS 12- PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE

Costounos atopar este libro pero ó final conseguímolo "Dos pajaritos " , "Bi txori", xa que o tivemos que mercar en euskera porque... é un libro sin letra, cun contido extraordinario que ilustra unha problemática relcionada co tema do obxectivo que queremos traballar, o consumismo.

Alba preséntanos o libro e fai a lectura que preparou porque o libro non ten letra!!!
 

Imos ver como nos contan o resumo do conto Lúa e Alma:

Resumo Lúa


Resumo Alma:


Alba fai esta proposta para traballar este obxectivo:


E aquí escoitamos a elección que fixeron...

Alma e Daniela 


Martina, Matías  e Lúa:


 

Alejandro, paula e Manuel:


 

Iria, Lara, Paula e Sara:



 

sábado, 17 de abril de 2021

#ODS 13- ACCIÓN POLO CLIMA

En relación con este obxectivo levamos a cabo a  lectura do libro "SOS mosntruos verdaderos amenazan el planeta".

 

Noa realiza a lectura da seguinte forma, escolle un monstro e sen ensinalo comeza a ler, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º deben realizar o debuxo que se imaxinan ó escoitar a Noa . Cando rematan de debuxar ensinámoslles o debuxo que trae o libro.


Algúns exemplos de como se imaxinan eses monstros:




Actividade STEAM

O mércores 14 as 3 aulas do centro participaron en dúas actividades STEAM organizadas pola área educadiva de //Afundación .Alberto e Carmen foron os encargados de desenvolver as actividades que escollemos para ese día ,ós que agradecemos o ben que nolo fixeron pasar.

A continuación deixamos un vídeo no que intentamos mostrar en que consistiu a actividade "De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro", que realizaron a aula de Infantil e a de 1º, 2º e 3º.

O alumnado de Infantil tamén fixo esta actividade. 


 E aquí temos un vídeo para ver como os acababan de montar.


Os maiores realizaron a actividade "A arte da emocións". 

martes, 13 de abril de 2021

#ODS 6 - AUGA LIMPA E SANEAMENTO

 Para traballar este obxectivo fixemos a lectura de Mr Tutti y la 100 gotas de agua.


Marta ,unha gran lectora, tiña un reto con este libro, debía contárnolo pero non ten letra, agora podemos añadir que tamén é unha gran narradora, encantounos Marta.



lunes, 12 de abril de 2021

Circuítos:"double circuit "- "go and come back"

 Co alumnado de 4º de Primaria traballamos outro nivel cos circuítos dos escornabots.

Unha vez practicado cos circuítos, precisan buscar  un maior grado de complexidade.

Surxen dúas modalidades:

  • Unión de dous circuítos para facelos máis longos
  • Percorrido de ida e volta no mesmo circuíto

domingo, 11 de abril de 2021

#ODS 17- ALIANZAS PARA ACADAR OS OBXECTIVOS

Para traballar o obxectivo 17 Naiara vainos facer unha lectura que conta cuns protagonistas pouco coñecidos polo nosos alumnado, "Los Carpinchos", unha bonita historia de convivencia , colaboración e triunfo das alianzas.

Xa estamos todos preparados na biblio:


 Despois da lectura Naiara proponnos realizar este xogo cooperativo:


 

E aquí podemos ver como  o fixeron!!!

lunes, 5 de abril de 2021

Easter Day

A profe Elvira e Alena prepararon unha actividade antes de irnos de vacacións para celebrar o día de Pascua. Nos patios de Infantil e Primaria esconderon ovos de chocolate que os nenos/as tiveron que atopar para despois poder comelos, que bos estaban!!!