lunes, 17 de mayo de 2021

Xela tradutora: "Unha viaxe a través das linguas"

Unha vez presentada a figura de Xela Arias ó noso alumnado decidimos realizar unha actividade con todas as aulas en relación a súa faceta como tradutora.

 Xela levou a acabo a tradución de libros de Roald Dahl e Gianni Rodari.

Aproveitando o libro de Gianni Rodari " Que fai falta?" da Editorial Kalandraka, que garda relación coa nosa temática anual , viaxaremos a Inglaterra e Italia a través das linguas.

Comezamos coa aula de Infantil que realiza a lectura en galego:

 

Continuamos coa aula de 1º, 2º e 3º que o traducen ó castelán:

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria fai a tradución ó inglés:

Pero o alumnado de 1º, 2º e 3º quere facer unha homenaxe tamén a Gianni Rodari así que nos canta o libro en italiano:

 

E Alma e Martina que nos deleitan "a capella" coa letra de toda a canción en italiano


XIV Concurso Literario "Laxe das Rodas"

Convocamos o XIV concurso literario "Laxe das Rodas" , compartimos as historias seleccionadas de cada curso.

Concurso Literario "Letras Galegas"-EGAP

No primeiro trimestre deste curso participamos na convocatoria realizada pola EGAP, Escola Galega da Administración Pública, para alumnado maior de 10 anos ,na que debían presentar unha historia de temática libre en galego. Desde a área de Lingua Galega seleccionáronse varios relatos que remitimos ó concurso.

O ano pasado Naira, de 6º de Primaria, resoltou gañadora , este curso participaron: Alba de 4º, Marta Fernández, Marta Formoso e Inés Beiro de 5º de ED. Primaria e Adriana  de 6º.