Para os que non coñecedes a Adhara, aquí deixamos un texto-presentación elaborado colectivamente polo alumnado da aula de 1º, 2º e 3º de primaria, con moito agarimo:
Adhara Caamaño,
tamén coñecida como “A cuncheira de Sofán”, é unha fabulosa cantante galega con
raíces na nosa zona que comezou a ser coñecida polo ano 2016 co seu primeiro
disco “Libre son”. Ten un grupo que se fai chamar “Adhara & Ritman”. A súa
música, cun ritmo moi movedizo, combina diferentes estilos: folk, regge, rock,
samba... O seu obxectivo é vivir só da
música e pouco a pouco vaino conseguindo. Deu concertos en moitas vilas galegas,
actuou en diferentes festivais e xa gañou varios premios. Unha das súas
cancións con máis éxito e “Por elas”, contra a violencia machista.
Adhara naceu en
Sofán, na parroquia de Lira (Carnota). De luns a venres vive e traballa na
Coruña e nos fins de semana volve a Lira para estar coa súa familia e disfrutar
da natureza, que tanto lle gusta. Aproveita tamén cando está aquí para compoñer
algunhas das súas cancións.
Adhara é unha
moza con moito talento e unha gran voz, ademais moi simpática e guapa. O seu
traballo está comprometido coa loita feminista e a posta en valor da lingua
galega. Gustaríanos que presente o seu novo disco na nosa terra.
Despedímonos coa versión orixinal de Adhara do poema de Rosalía:
No hay comentarios:
Publicar un comentario