miércoles, 23 de febrero de 2022

Dende aquí vexo un camiño - Rosalía de Castro

Con motivo da conmemoración do "Día de Rosalía de Castro" recitamos un poema que garda relación co camiño.

 DENDE AQUÍ VEXO UN CAMIÑO 
 
E aquí vos deixamos os poemas realizados polo alumnado de 4º, 5º e 6ºde EP na área de Lingua Galega, desfrutade coa súa lectura:

jueves, 10 de febrero de 2022

11F: Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Con motivo da celebración do día da muller e a nena na ciencia queremos facer unha homenaxe a oceanógrafa Ángeles Alvariño. A figura desta científica galega cobra un gran sentido tendo en conta o traballo de investigación que está a realizar o noso alumnado, polo que realizamos unha serie de actividades en torno á súa figura.

Cartel 

O alumnado realiza unha breve presentación da súa biografía facendo especial fincapé na súas aportacións que nos axudarán a entender mellor ese mundo microscópico no que estamos inmersos.

Actividade: QUE HAI NUNHA GOTA DE AUGA?


Identificamos o que aperece na gota de auga.

FASE II: Cadea trófica do ecosistema

Para seguir co proxecto é necesario que todo o alumnado de 4º, 5º e 6º leve a cabo as lecturas dos libros de Xulia Pisón ,"MICROALGAS" , que nos axudarán a  entender a base da cadea trófica no mar , achegándonos o mundo microscópico a través do cómic.


 

 Despois da lectura traballamos cos protagonistas:


A partir do vídeo que acompaña o seguinte titular de "La voz de Galicia" e o libro Microalgas Mar de ardora, establecemos a cadea trófica:

https://www.lavozdegalicia.es/video/barbanza/muros/2019/09/03/ballena-da-festin-krill-muros-corrubedo/0031_2019096083058487001.htm?jwsource=cl


 CADEA TRÓFICA RÍA MUROS-NOIA




 

FASE I do Proxecto: Presentacións dos equipos

A continuación mostramos as presentacións da FASE I do proxecto "Recuperación bosques mariños de laminarias na ría de Muros" elaboradas polos equipos.


Equipo 6º-Bosques mariños

Equipo 5º- Biotopo-Ría de Muros
Equipo 4º -Biocenose- Animais da ría

martes, 8 de febrero de 2022

Proxecto: Recuperación bosques mariños de algas laminarias na ría de Muros"-FASE I

Durante o primeiro trimestre o alumnado da aula mixta de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria  levou a cabo un proxecto de investigación  a partir dunha nova publicada no Diario Nós sobre a recuperación dos bosques submarinos de algas laminarias na Ría de Muros.

Para a investigación ademais de diferentes páxinas web utilizamos esta bibliografía:

Comezamos coa exposición do alumnado de 6º na que nos presentan a información sobre os bosques de laminarias , as características deste tipo de algas, a súa presenza noutros lugares do planeta e outros tipos  presentes na nosa ría.

BOSQUES DE LAMINARIAS

 

Seguimos coa presentación do alumnado de 5º sobre o medio físico do ecosistema "A Ría". 

BIOTOPO: RÍA DE MUROS-NOIA

 

O alumnado de 4º encargouse de realizar a investigación das especies animais da ría en canto ó lugar onde se atopan: area, nas rochas, nos bosques mariños ou no gran azul e unha presentación específica de invertebrados.

BIOCENOSE: ANIMAIS DA RÍA

INVERTEBRADOS

Formación de usuarios-Aula mixta 1º, 2 e 3º de EP

Aquí mostramos unha actividade de formación de usuarios na que partimos de dúas propostas.

1) Facemos a portada dun libro que nos gusta moito e elaboramos a etiqueta.