miércoles, 31 de mayo de 2023

Os movementos da Terra

 Mirade que ben nos explica o alumnado de Infantil os movementos da Terra!!! 

BD: "Desaparición en Laxe das Rodas"

Deixámosvos por aquí o cómic realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de EP titulado:

 "Desaparición en Laxe das Rodas" 


Maqueta - Sauna galaica

 Profundizando na etapa da Idade de Ferro unha edificación chamou a nosa atención, a sauna. Decidimos investigar sobre esta fascinante construción e realizar unha maqueta.

Todo o proceso de creación aquí:

Día das Letras Galegas

 Nas diferentes aulas realizamos actividades para coñecer a vida e obra de Francisco Fernández del Riego a través a páxina de "Primavera das Letras".



Día do Libro- Obradoiro de banda deseñada

Este ano recuperamos  os apadriñamentos lectores ó aire libre e ademáis realizamos un Obradoiro de banda deseñada da man de Manel Cráneo e Brais Fierro autores de "Roxín Roxal" , un dos libros do  club de lectura deste ano .



Tres versións das estacións

 Achegámonos ás estacións empregando 3 linguaxes: o teatral, o plástico e o computacional.

  • Acudimos á obra de teatro "As 4 estacións de Vivaldi"
     

Mapas interactivos

Realizamos 3 mapas interactivos sobre o relevo de Galicia, España e Europa nos que empregamos plastilina condutora , introducindo un clip metálico e conectándoo á Makey-Makey despois de programar con Scratch e gravar a información sobre cada sistema montañoso e río.

As Competencias Profesionais Docentes - "Petrotéxtiles"

Participamos no congreso sobre competencias profesionais docentes, no apartado da "Competencia Didáctica", expoñendo o deseño do noso proxecto "Petrotéxtiles",  esta exposición foi acompañaba dun vídeo gravado polo CAFI no noso centro no que mostramos de forma moi resumida como o desenvolvemos.


Formación e-téxtiles - 2º Trimestre

 Seguimos aprendendo e disfrutando coas formacións de  Paola Guimeráns.

Entrevistas na radio

Realizamos un programa de radio na que entrevistamos a todos os actores do proxecto que desenvolvemos este curso: as mulleres que nos ensinan a coser, a guía do concello, Paco Boluda e Silvia.

Esperamos que vos guste o podcast.

Constelacións con e-téxtiles

Realizamos esta actividade na que poñemos en práctica os circuítos en paralelo con fío condutor. Cada alumno/a realiza a súa constelación calcando o debuxo no tecido e introducindo tres leds en paralelo co portapilas.


8M - Performance "Laxe das Cruces"

Para conmemorar o "Día internacional da Muller" realizamos unha performance de "Laxe das Cruces" outra xoia do patrimonio arqueolóxico de Louro. Como non podía ser doutra forma,  quixemos compartir este día coas mulleres que nos ensinan a coser todos os venres e con nais do noso alumnado.

Booktrailers

Despois de acudir ás xornadas de "Biblioteca Creativa" deste ano decidimos poñer en práctica o aprendido así que o alumnado de 4º, 5 e 6º de ED. Primaria realizou a recomendación de libros que gardan relación co tema coa realización de Booktrailers, esperamos que vos gusten!!


Entroido "Vestimentas galaicas"

Este Entroido 2023 contamos coa colaboración das mulleres do noso pobo que a partir das ilustracións de Paco Boluda levaron a cabo a recreación de vestimentas galaicas. Poidemos observar de primeira man todo o proceso: elaboración de patróns, selección de tecidos, toma de medidas, elaboración de motivos decorativos ... e o mellor de todo poder vestilos e desfilar polo noso pobo. Non temos palabras para agradecer a este grupo de mulleres : Divi, Manela, Tina, Maricarmen...o traballo realizado.

Universo Yayoi Kusama

A aula de Infantil encheuse de puntos de cores, entrar nela é mergullarse nun mundo de cores e fantasía. Aproveitamos este Universo de Yayoi Kusama para realizar co noso alumnado unha actividade de descubrimento das cores das estrelas a partir de leds e unhas pilas mirade que bonito lles quedou .

viernes, 24 de febrero de 2023

Día mundial da radio

Para celebrar o día mundial da radio recibimos a visita de Damián ,membro do equipo de  "Ponte nas ondas". Durante a mañá realizou un taller co alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria, empregaron o programa Audacity e remataron o día gravando o programa de radio. 

 Audacity


 Escaleta do programa

 


Grabación do programa

Pola tarde o profesorado tivo un curso a maiores de 3h que culminou coa montaxe da nosa radio. Un día marabilloso!!!



Día Internacional da muller e a nena na ciencia

 Para conmemorar este día compartimos esta imaxe do noso cole.



domingo, 12 de febrero de 2023

Día da Paz - Simboloxías

Con motivo da conmemoración do día da Paz o alumnado de 4º, 5º e 6º realizou unha investigación sobre a simboloxía da Paz, ademáis indagaron sobre a simboloxía presente noutras culturas, en concreto na galaica, e faláronlles do trisquel, a flor da vida e a espiral, presentaron ante o alumnado de 1º, 2º e 3º dita investigación e a continuación realizamos unha actividade cos lapis 3D cos que fixemos trisqueles, espirais e flores da vida de diferentes cores.