lunes, 25 de noviembre de 2019

25-N

A principios deste mes fixemos a proposta da realización dunha actividade en prol da igualdade   na que animamos ás familias a escoller algún dos libros propostos para vir a lelos ó noso alumnado.
Queremos agradecervos a todos , nais e pais,e a Carmen, da asociación de mulleres feministas SonLilá, a vosa participación, e a boa acollida da actividade.
A continuación mostramos un vídeo-resumo:

Por outro lado o alumnado de 6º realizou un vídeo  coas fotografías que realizamos nos actos do día 25 no que cada curso mostrou os carteis elaborados nas clases.

martes, 19 de noviembre de 2019

Lecturas 1º trimestre


Durante o primeiro trimestre e baixo a coordinación das mestras que imparten as linguas na aula de 1º, 2º e 3º , levamos a cabo unha selección de lecturas para cada un dos cursos tendo en conta: a temática anual, o traballo con diferentes tipoloxías de textos, contos no bosque ,a conmemoración do mes de novembro  pola igualdade, e  os obxectivos da axenda 2030.

  • 1º de ED. Primaria 

  • 2º de ED.Primaria

  • 3º de ED. Primaria

martes, 12 de noviembre de 2019

Música no bosque

Se tiveramos que poñer música e animación ó noso proxecto esta curta, " Maestro", sería a mellor mostra. Podemos desfrutar dunha ópera á luz da Lúa chea cantada por paxaros e acompañada por outros animais. Ambientada nun bosque iluminado pola Lúa , a sinfonía salvaxe interpreta un himno de guerra da ópera Norma de Vicenzo Bellini.
Fantástico!!!

Maestro from Bloom Pictures on Vimeo.

lunes, 4 de noviembre de 2019

Lecturas pola igualdade

Con ocasión da conmemoración o día 25 de Novembro do Día Internacional contra a violencia de xénero, celebraremos, ao longo de todo o mes, un ciclo de lecturas a prol da igualdade e contra a violencia.
Convidamos a todos aqueles familiares que así o desexen a realizar algunha das lecturas seleccionadas para a ocasión, convertendo así a igualdade nun obxectivo común e compartido de toda a comunidade educativa. É especialmente interesante a presenza tanto de mulleres coma de homes, amosando un compromiso común coa educación e a prevención da violencia.
As lecturas celebraranse no tempo da “hora de ler".

A continuación mostramos unha selección das lecturas:

A realización desta actividade faise baixo a coordinación dos EDLG, equipos de orientación e  bibliotecas dos centros de Louro, Carnota e o Pindo.
Aquí tedes o listado completo de lecturas: