Este luns 21 de marzo tivemos a sorte de poder contar na nosa Biblioteca coa presenza de Xulia Pisón a autora e ilustradora dos libros "MICRO ALGAS, O mundo oculto" e "MICRO ALGAS, Mar de Ardora".O alumnado de 4º, 5º e 6º realizou a lectura dos dous libros no marco do proxecto: "Recuperación dos bosques mariños na Ría de Muros".
Sen dúbida a lectura dos libros de Xulia supuxo unha maior comprensión do ecosistema mariño.
Deixamos un vídeo-resumo da charla-obradoiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario