O vindeiro 8 de marzo celebraremos o día da muller, e en relación coa temática anual do camiño queremos facer dende aquí unha reivindicación do dereito das mulleres a disfrutar, a viaxar, ó pracer de ter un ratiño de tempo para nós mesmas, e algo moi importante perder o sentido de culpabilidade por facelo referíndonos especialmente ás mulleres que son nais.
Nas aulas levaremos a cabo a seguinte lectura da que vos deixamos o enlace:
Enlace á lectura:
E agora queremos facer unha PROPOSTA a todas as nais do cole de Louro, cremos que os modelos para as nosas rapazas e rapaces son moi importantes, en moitos casos as nais desdebúxanse na crianza e é importante que vexan ás súas "mamás" como persoas que teñen dereito a facer cousas que lles gustan e que o desfrutan, polo que nos gustaría que nos enviásedes unha foto na que estedes realizando algo que vos encanta facer, que vos axuda a desconectar: un paseo, unha lectura, un rato na horta, escoitar música, bailar, practicar algún deporte...animádevos é importante que vos vexan a todas!!!
E aquí temos o vídeo da proposta , moitas grazas a todas pola vosa participación, aquí estades todas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario