jueves, 10 de febrero de 2022

11F: Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Con motivo da celebración do día da muller e a nena na ciencia queremos facer unha homenaxe a oceanógrafa Ángeles Alvariño. A figura desta científica galega cobra un gran sentido tendo en conta o traballo de investigación que está a realizar o noso alumnado, polo que realizamos unha serie de actividades en torno á súa figura.

Cartel 

O alumnado realiza unha breve presentación da súa biografía facendo especial fincapé na súas aportacións que nos axudarán a entender mellor ese mundo microscópico no que estamos inmersos.

Actividade: QUE HAI NUNHA GOTA DE AUGA?


Identificamos o que aperece na gota de auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario