viernes, 17 de abril de 2020

Somos BookTubers! Celebramos o Día do Libro con recomendacións de lecturas

O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Este ano non imos poder facer unha actividade tan destacada de convivencia e cooperación como son os apadriñamentos lectores. Malia todo, o que si podemos facer é compartir e recomendar as nosas lecturas favoritas e aproveitar esta ocasión para vernos as caras.

Dende o equipo de Biblioteca, facémosvos a seguinte proposta, totalmente voluntaria, para aqueles aos que vos preste compartir esas lecturas que tan bos ratos vos fan pasar: recomendar aos compañeiros e compañeiras unha das vosas lecturas favoritas a través dun pequeno vídeo. Como material de apoio, deixámosvos un guión, que é moi recomendable cubrir previamente para axudarvos a preparar o contido do vídeo, así como un exemplo de vídeo de recomendación de lectura dun compañeiro moi querido ao que aproveitamos para mandar un saúdo e o noso agradecemento por colaborar nesta actividade ;-)


Os vídeos que elaboredes, enviádeos á profe da lingua correspondente, segundo se trate dun libro en galego ou en castelán. Achegade tamén copia do guieiro cuberto, que podedes imprimir ou copiar nun caderno.

Plantillas:




No hay comentarios:

Publicar un comentario