Nestes extraños días, fixemos a lectura do libro #EUQUEDONACASA, do escritor Ramón de Veiga, que podedes descargar aquí.
Se preferides escoitalo, aquí tedes unha lectura perfectamente modulada e interpretada, feita polo compañeiro Óscar de 3º de Primaria.
View on Vocaroo >>
O mesmo que Alma, pero que ben len os de primeiro!!!
E Adai!!
Ao igual que o protagonista do relato, os alumnos e alumnas do centro foron contándonos o que fan nestes días e AS COUSAS QUE BOTAN DE MENOS. Imos compartir estas últimas.
A maioría botan de menos aos compañeiros e compañeiras do cole, que son moi especiais nas súas vidas. Así, Alma, Alba e Erea de 3º, as dúas Martas de 4º ou Iria de 6º. Polo menos, poden chamarse e vídeo chamarse con frecuencia para manter o contacto.
Algunhas delas tamén se lembran das súas profes e incluso, como Alma, Óscar, Erea ou Noa, volverían de boa gana ao cole. Nós tamén nos acordamos moito de vós.
Tamén senten a falta de outras persoas, coma Lúa ou Óscar, que botan de menos xogar cos seus primos e primas; Xaime que ten moitas ganas de visitar de novo á súa avoa ou Adriana, que se acorda moito do seu pai.
Tamén o encerro fai que sintan nostalxia e necesidade de actividades físicas e grupais, como é o caso de Matías, Hugo e os demais Miúdos e Miúdas, que teñen moitas ganas de volver adestrar todos xuntos no campo de xogo.
Lúa tamén desexa ir de novo ao parque e pasear polo monte. Marta Fernández, Erea e Noa sumaríanse con gusto a ese paseo. Erea tamén se achegaría con gusto un ratiño ata a praia. E Alma agarda expectante a hora de visitar de novo os lugares da vila aos que tiña costume de ir.
E non faltan as persoas de bo conformar, como é o caso de Adai ou Inés de 5º, que se atopan a gusto na casa, gozando destes días; iso si, sen perder o contacto, aínda que sexa online, cos compis.
Con todo, sabemos que O QUE TOCA É FICAR NA CASA, como ben nos recorda Alba neste poema que compuxo e que reproducimos no seu formato orixinal, pois estase a convertir en toda unha experta na edición de textos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario