O noso centro forma parte do programa "Residuos 0", iniciativa que leva a cabo "Teachers for future" da que Candi forma parte ,polo que é a encargada de transmitirnos as diferentes accións que se desenvolven . Hoxe día 19 estaba programada a "Acción global polo clima".
viernes, 19 de marzo de 2021
ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA - 19 de Marzo
martes, 16 de marzo de 2021
#ODS 10-REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES
Para traballar este obxectivo decidimos levar a cabo a lectura "Las elecciones de los animales" da man de Iago de 5º.
Fixemos a gravación da lectura cando Iago fixo a lectura na súa clase e proxectamos o conto para o alumnado da aula de 1º, 2º e 3º.
Aproveitamos a lectura e o obxectivo que pretendemos traballar para realizar unha votación. O alumnado das 2 clases de primaria debe decidir se se fai unha nova reorganización da distribución do patio para que se poda utilizar un dos patios cubertos para xogar o brilé, imos escoitar as propostas.
PROPOSTA -AULA 4º,5º E 6º
PROPOSTA-AULA 1º, 2º E 3º
Aquí vemos ós alumnos/as exercendo o seu dereito a voto:
Reconto dos votos:
E as actas finais cos resultados:
viernes, 12 de marzo de 2021
Maleta Literaria-Contos para un planeta
Na escola podemos tomar conciencia de como as nosas accións cotidianas poden ter consecuencias no medio ambiente. Accións como mercar demasiados xoguetes que logo acaban no lixo, comida con demasiados envoltorios que enchen os contedores,... E o importante é que nós podemos decidir que facemos e que non, se queremos contribuir a que os animais e as plantas que comparten connosco este planeta sigan vivindo ou a que vaian desaparecendo sen remedio. Sen olvidar que a nosa vida depende da súa supervivencia.É importantísima esa concienciación no noso alumnado xa que logo eles serán os que transmitan esta mensaxe ás súas familias. Entre todas e todos podemos facer moito. Unha maneira de traballar esta concienciación medioambiental na escola é a través de contos, e esta maleta literaria que nos chegou contén 16 libros cunhas emocionantes historias nas que a protagonista é a natureza, e adaptadas ás idades máis pequenas.
Xa comezamos a lectura dalgún dos libros en Infantil, e encantáronlles.
Alexa era a encargada de hoxe e recibiu a maleta con moita ilusión.
E aquí están todos contentos mostrándonos os diferentes libros.
lunes, 8 de marzo de 2021
Día da Muller- Avoas de Louro
Con motivo da celebración do "Día da Muller" deseñamos unha actividade na que plantexamos dúas preguntas ó alumnado de Primaria:
- Que é unha avoa?
- Que fan as avoas?
8M-Xincana pola igualdade
O alumnado de ED. Infantil participou nunha xincana na que tiveron que superar varias probas, de rapidez, forza, resistencia, habilidade... que ben o fixeron todas e todos.
miércoles, 24 de febrero de 2021
Día de "Rosalía de Castro"
Para a celebración de hoxe 24 de febreiro, " Día de Rosalía de Castro" escollemos un fragmento dunha poesía de "Cantares gallegos" onde Rosalía fai referencia ó traxe tradicional das muradanas, cada alumno/a de primaria recita un dos versos.
O alumnado de Infanil recitou o poema "Parece unha rosa" e estaban tan animados que se puxeron a bailar un rock de "Cantares gallegos" interpretado polo grupo "The Lelli Kellys".
martes, 16 de febrero de 2021
Circuítos-Escornabots
O alumnado da aula mixta de 1, 2º e 3 de E.P, despois dunhas sesións nas que deixamos que pulsaran toooodos os botóns dos escornabosts , sen ningún tipo de finalidade nada máis que a experimentación, realizaron esta actividade na que no "espazo maker" fixeron circuítos de diferente dificultade cos que despois practicaron.










