Con motivo da celebración do "Día da Muller" deseñamos unha actividade na que plantexamos dúas preguntas ó alumnado de Primaria:
- Que é unha avoa?
- Que fan as avoas?
Na primeira pregunta fixemos o posible para que ningún deles escoitase o que contestara antes o seu compañeiro, precisabamos a sorpresa , na segunda pregunta xa o fixemos en grupo para que fluíran diferentes respostas.
Debemos ter en conta a idade do alumnado e pensar que para eles unha persoa de 40 anos xa ten mooooitos anos.
Despois de ver os vídeos tivemos un tempo de debate no que falamos do que lles chamara a atención, dos estereotipos e da visión noutras sociedades da figura das "avoas" xa que o rol de coidadoras , protectoras e mulleres que desempeñan moitas das labores do fogar, que sae nas respostas, non se corresponde co rol que as avoas desempeñan noutros países.
Para finalizar e sendo conscientes da importancia das avoas no noso pobo, na nosa sociedade, unha xeración admirable que segue a sustentar as familias, adicámoslles un vídeo coas fotos tan bonitas que nos enviástedes, e como non este día vai adicado a elas, e ben merecido!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario