Na escola podemos tomar conciencia de como as nosas accións cotidianas poden ter consecuencias no medio ambiente. Accións como mercar demasiados xoguetes que logo acaban no lixo, comida con demasiados envoltorios que enchen os contedores,... E o importante é que nós podemos decidir que facemos e que non, se queremos contribuir a que os animais e as plantas que comparten connosco este planeta sigan vivindo ou a que vaian desaparecendo sen remedio. Sen olvidar que a nosa vida depende da súa supervivencia.É importantísima esa concienciación no noso alumnado xa que logo eles serán os que transmitan esta mensaxe ás súas familias. Entre todas e todos podemos facer moito. Unha maneira de traballar esta concienciación medioambiental na escola é a través de contos, e esta maleta literaria que nos chegou contén 16 libros cunhas emocionantes historias nas que a protagonista é a natureza, e adaptadas ás idades máis pequenas.
Xa comezamos a lectura dalgún dos libros en Infantil, e encantáronlles.
Alexa era a encargada de hoxe e recibiu a maleta con moita ilusión.
E aquí están todos contentos mostrándonos os diferentes libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario