Durante o primeiro trimestre o alumnado da aula mixta de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria levou a cabo un proxecto de investigación a partir dunha nova publicada no Diario Nós sobre a recuperación dos bosques submarinos de algas laminarias na Ría de Muros.
Para a investigación ademais de diferentes páxinas web utilizamos esta bibliografía:
Comezamos coa exposición do alumnado de 6º na que nos presentan a información sobre os bosques de laminarias , as características deste tipo de algas, a súa presenza noutros lugares do planeta e outros tipos presentes na nosa ría.
BOSQUES DE LAMINARIAS
Seguimos coa presentación do alumnado de 5º sobre o medio físico do ecosistema "A Ría".
BIOTOPO: RÍA DE MUROS-NOIA
O alumnado de 4º encargouse de realizar a investigación das especies animais da ría en canto ó lugar onde se atopan: area, nas rochas, nos bosques mariños ou no gran azul e unha presentación específica de invertebrados.
BIOCENOSE: ANIMAIS DA RÍA
INVERTEBRADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario