O alumnado de 6º de ED. Primaria encargouse de deseñar as actividades que se levaron a cabo o día que celebramos o Samaín en Louro:
O día comezaba así:
E estas son as actividades:
- Lecturas de medo
Seleccionamos os seguintes libros para realizar as lecturas nos diferentes cursos :
A lectura de "A estraña visita" realizouse na biblioteca e que sorpresa nos levamos!! o monstro do libro apareceu e ata se sacou fotos con nós!!!!!!!!!
Para a lectura dunha das historias do libro "¡Socorro!" foi importante crear un ambiente tenebroso...
- Na procura das cabazas Nesta actividade os alumnos entraban nun aula na que estaban agochadas 9 cabazas e debían atopalas, a última costounos moito atopala!
- Galletas terroríficas
As alumnas de 6º elixiron esta sinxela receita porque nunca se sabe, se aparece un monstro que te quere comer é importante saber elaborar un prato que esté máis rico ca ti!!!! .
As cantidades son para 4 persoas polo que xa na clase de matemáicas calculamos as cantidades para grupos de 6, 10 e 12 persoas.
E aquí temos unha fotos do proceso, grazas a Maricarmen e a María pola colaboración!!!
Coma outros anos fixemos exposición das cabazas!!!
As cabazas gañadoras elixidas polo voto de todos os alumnos foron as de:
-Rosalía de ED. Infantil
-Rodrigo, da aula de 1º, 2º e 3º de ED.Primaria
-Sara, da aula de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.
Relatos de terror gañadores, anímate a lelos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario