Comezamos co primeiro ODS , "Fin da pobreza", cunha lectura que nos presenta unha historia poderosa, chea de tenrura e humanidade sobre a realidade dos refuxiados, "La maleta".
Que atentos!!!
A lectura do libro conecta inmediatamente coas nosas EMOCIÓNS. A posibilidade de pensar na perda do noso fogar, de non ter un lugar onde ir.., nos levou a realizar unha dinámica de cohesión de grupo que precisamente tamén se chama "La maleta" e que desenvolvemos da seguinte forma:
A familia(fotografía cos seus curmáns), a música e o seu gatiño "Simba" (foto).
Agora cada un debe pensar en tres cousas que meterían nesa maleta...
Aquí temos algunhas!
Ao rematar reflexionamos sobre as causas da pobreza:
O mundo animal tamén sofre as causas da pobreza...
No seguinte obxectivo, "Fame cero" , Zoe, alumna de 4º de ED. Primaria, será a encargada de facer a lectura e a actividade, xa o estamos desexando!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario