Esta semana puxemos en marcha a actividade " 17 lecturas para 17 ODS".
Será levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º de primaria que forma parte do programa "Bibliotecas escolares solidarias". Como o noso centro ten aulas mixtas de 3 cursos, varias alumnas de 4º de primaria formarán parte do desenvolvemento da mesma.
O primeiro que fixemos foi unha reunión para presentar a actividade e coñecer os ODS, obxectivos de desenvolvemneto sustentable, da Axenda 2030.
- Cada alumno/a se encargará dun obxectivo.
- Se levará a cabo unha lectura ás 3 aulas do centro (por separado).
- As lecturas, seleccionadas polo equipo da biblioteca, terán como protagonistas a animais e plantas, en relación coa temática anual.
- En reunións co alumnado voluntario se deseñará unha pequena actividade a desenvolver para despois da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario