jueves, 11 de julio de 2019

Xincana intercentros

No mes de xuño levamos a cabo unha "Xincana intercentros" na que participamos o CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, o CEIP Ramón de Artaza  de Muros e o CEIP Plurilingüe de Louro.
Os participantes nesta Xincana foron os alumnos de 5º e 6º de ED. Primaria que forman parte dos "Clubs de lectura" que hai en cada centro e levouse a cabo no Pozo do Cachón de Muros.
A lectura elixida para organizar esta actividade de animación á lectura foi:


A través deste libro intentamos que os temas anuais que estamos traballando nos 3 centros tiveran a súa presenza, así mesmo, no deseño dos espazos para a Xincana se busca unha relación dos temas  coa lectura.
Os espazos deseñados foron:
  • Aeroporto "El Prat"
  • Xornal "La Vanguardia"
  • Amsterdam
  • Tribu cortacabezas
  • Centro Veterinario






Aeroporto  "El Prat"


 Amsterdam


Xornal "La Vanguardia"



Tribu  cortacabezas


Centro Veterinario


En cada espazo se facían 5 preguntas relacionadas coa lectura e debían  realizar diferentes probas: facer avións de papel e lanzalos a unha distancia determinada, facer a maqueta dunha muralla con palillos e plastlina, mediante xestos intentar averiguar os titulares dalgunhas noticias, demostrar que poderiamos coidar os orangutáns cambiando os pañais e que sabemos traballar en equipo, ademáis de decorar uns globos para despois explotalos.

Para rematar fixemos a entrega de premios ó equipo gañador que consistía nunha lanterna de levar na cabeza e desfrutamos das empanadas da panadería Uhía.   
Queremos agradecer ós tres centros a posibilidades de organizar este tipo de actividades entre o alumnado dos diferentes centros do noso Concello e a todos os mestres que colaboraron en que todo saíra ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario