lunes, 15 de julio de 2019

Escape room "Tintín e os medios de comunicación"

Organizamos a todo o alumnado do centro (excepto a alumnos de 3-4 anos) en 4 equipos heteroxéneos de 10 alumnos.
Cada equipo representaba unha axencia de noticias: EFE, Europa Press, Reuters e AFP.
A cada un se lle entregaba unha etiqueta co seu punto de partida...

...e a folla de ruta para levar a cabo o escape room e ir apuntando os datos que se requiren, deberán estar atentos a todo o que lles contan e ás probas que realizan!


O alumnado debe recabar información e realizar diferentes probas antes de entrar nunha habitación da que ó final terán que escapar!!!!
Os personaxes de Hergé serán os encargados de presentarnos os diferentes inventos:
TINTÍN  a imprenta, o CAPITÁN HADDOCK  o teléfono, HERNÁNDEZ E FERNÁDEZ  a radio e BIANCA CASTAFIORE  a televisión.

A continuación mostramos as probas que lles propuxemos e imaxes do alumnado realizándoas.

PROBA DE TINTÍN-A IMPRENTA


Xeroglífico:

 Imaxes da realización das probas:


PROBA CAPITÁN HADDOCK - O TELÉFONO

Imaxes da realización das probas:


PROBA HERNÁNDEZ E FERNÁNDEZ - A RADIO

 Algunha das citas escritas en espello:

Imaxes do alumnado realizando a proba:


PROBA BIANCA CASTAFIORE - TELEVISIÓN


Imaxes da proba:



Unha vez realizado o percorrido os 4 equipos entran a unha aula onde quedan pechados.
Terán que realizar unha proba final na que teñen que utilizar a información recabada que lle permitirá averiguar un código que abre o candado dun cofre no que está gardada a chave que lles permite saír da aula.
O equipo que primeiro logre sair será o gañador!!!
Un dos equipos xa na aula:

Ó chegar tiñan unha advertencia:

 Vídeo de ANONYMOUS:


Proba final:

Alumnos averiguando a mensaxe oculta nos folios en blanco:


Folla de ruta cuberta:


A continuación o alumnado tiña que cubrir unha ficha cos datos e averiguar o último invento utilizando as letras que estaban subraidas de vermello:


Documento final cuberto:

A suma das datas dos anos nos que se inventaron os medios de comunicación nos permtía averiguar o código do candado.

E os primeiros en sair foron...


WEBGRAFÍA
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/montar-un-escape-room-clase/92089.html?fbclid=IwAR3qIEUVnin1fUgFqVwWymbM7n3mSLXathvnwYVUb8PA3KWGCfNkwEo_CbA
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/monta-tu-kit-de-escape-room/95022.html?fbclid=IwAR3P3I0HhacTj3Q_nQ51ZpX89vh5NJfD-dmsPFFlyLvRR_l-jKMyDGlVV3w
https://www.mamisybebes.com/2018/10/montamos-un-escape-room-para-ninos-de-8-9-anos/
https://orangepiweb.es/codigos/secreto/index.php
https://es.wikipedia.org/wiki/Capit%C3%A1n_Haddock
https://es.wikipedia.org/wiki/Hern%C3%A1ndez_y_Fern%C3%A1ndez
https://es.wikipedia.org/wiki/Bianca_Castafiore

No hay comentarios:

Publicar un comentario