Hoxe celebramos o Samaín no cole e tamén desfrutamos de diferentes actividades relacionadas co Halloween.
Para ter máis clara a relación entre estas dúas tradicións imos escoitar o podcast que realizaron Alba, Óscar, Hugo e Erea a partir da lectura do libro "O noso Samaín".
A cotinuación mostrámosvos as cabazas que apareceron neste bosque terrorífico:
Acendemos as cabazas...
O alumnado votou as cabazas que máis lle gustaban e as cabazas gañadoras foron...
Noraboa ós gañadores!!!
Todo o alumnado de Primaria participou no concurso de "Relatos terroríficos ",aquí tedes os relatos gañadores de cada curso.
Relato de Alma, 1º de Primaria, que o fixo de forma oral.
Por outro lado e desde a área de inglés proponse ó alumnado de 6º realizar unha dramatización para asustar a todo o alumnado.
Este curso os encargados foron: Miguel, Atenea, Leire, Iria e Carlos. Aquí vos deixamos unha mostra da súa posta en escena que resultou moi terrorífica. Eles foron os encargados de deseñar a obra que representaron así como a maquillaxe, vestiario, música...
Sodes uns artistas!!!!!
Sodes uns artistas!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario