sábado, 28 de marzo de 2020

Con Adhara cantamos a Rosalía de Castro

Este ano participamos de novo no certame VideoGhit, no que o ano pasado obtivemos o premio á mellor caracterización. Desta volta eliximos unha versión do poema de Rosalía de Castro, Cantarche hei Galicia, da enérxica e comprometida cantante da nosa terra Adhara. Velaquí o resultado:


Para os que non coñecedes a Adhara, aquí deixamos un texto-presentación elaborado colectivamente polo alumnado da aula de 1º, 2º e 3º de primaria, con moito agarimo:


Adhara Caamaño, tamén coñecida como “A cuncheira de Sofán”, é unha fabulosa cantante galega con raíces na nosa zona que comezou a ser coñecida polo ano 2016 co seu primeiro disco “Libre son”. Ten un grupo que se fai chamar “Adhara & Ritman”. A súa música, cun ritmo moi movedizo, combina diferentes estilos: folk, regge, rock, samba...  O seu obxectivo é vivir só da música e pouco a pouco vaino conseguindo. Deu concertos en moitas vilas galegas, actuou en diferentes festivais e xa gañou varios premios. Unha das súas cancións con máis éxito e “Por elas”, contra a violencia machista.

Adhara naceu en Sofán, na parroquia de Lira (Carnota). De luns a venres vive e traballa na Coruña e nos fins de semana volve a Lira para estar coa súa familia e disfrutar da natureza, que tanto lle gusta. Aproveita tamén cando está aquí para compoñer algunhas das súas cancións.

Adhara é unha moza con moito talento e unha gran voz, ademais moi simpática e guapa. O seu traballo está comprometido coa loita feminista e a posta en valor da lingua galega. Gustaríanos que presente o seu novo disco na nosa terra.


Despedímonos coa versión orixinal de Adhara do poema de Rosalía:


Quedamos na casa pero con alegría


viernes, 27 de marzo de 2020

Aprendo xogando, xogos online en lingua galega

Deixamos a continuación enlaces a unha serie de divertidos xogos para aprender en familia:


Trivial.GZ e Ledtrad@s.gz son dous dos xogos que se poden probar na web da AS-PG (Foto: Nós Diario).
1.- Trivial.GZ : Permite un achegamento á literatura, á historia, á xeografía e á sociedade galegas no formato do tradicional Trivial. XOGA AQUÍ.

2.- Palabras cruzadas: Consiste en formar palabras de dúas ou máis letras para colocalas nun taboleiro cuadriculado (de 15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro. XOGA AQUÍ.

3.- O Xogo da Curuxa: Inspirado no arquicoñecido Xogo da Oca, no que hai que lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. Na Curuxa cando o xogador ou xogadora cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc, probas que poden consistir en asociar imaxes, responder tests, asociar elementos... XOGA AQUÍ.

4.- Categorizando: É un xogo no que poden participar de dous a catro xogadoras que consiste, basicamente, en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras. O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posíbel, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se apunten e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as repetidas non suman. XOGA AQUÍ.

5.- Etnografía galega: Comeza un paseo polo país desde o computador da túa casa. Unha viaxe por diferentes lugares de Galiza a través de preguntas e respostas. Sabes tanto como pensas sobre Galiza ou queres aprender o que aínda non sabes? Xoga aprendendo en Descubre Galiza. XOGA AQUÍ.

Adiviña, adiviñanza

A RESPOSTA DE ONTE:



A ADIVIÑA DE HOXE: