miércoles, 26 de junio de 2019

Guía de verán

Hernández  e Fernández estaban desexando que chegase o verán tanto coma nós!! Aquí vos deixamos unha guía de recomendacións de lecturas, esperamos que desfrutedes moito delas!!!!

martes, 25 de junio de 2019

Cociñando a lingua!

No proxecto dinamizado dende a área de lingua galega do 3º trimestre, os compañeiros e compañeiras de 3º decubriron o mundo da cociña: traballaron vocabulario e expresións galegas; fixeron lapbooks para difundir e normalizar este vocabulario na escola infantil; recolleron as receitas favoritas das súas casas; escribiron receitas "asquerosas" , tiveron a visita de dous cociñeir@s profesionais na aula aos que entrevistaron e cos que prepararon deliciosos pratos... Esta é unha mostra do seu percorrido polo fascinante mundo dos fogóns:


O libro cociña de aula:
Nel atoparedes as receitas que cociñaron na aula así como os pratos estrela en cada unha das súas familias. Animádevos a probar estas fantásticas receitas!!!

Publish at Calameo

Lapbooks para traballar en infantil o vocabulario da cociña e dos alimentos:





Así foron recibidos na escola infantil:



Unha mostra do entusiasmo e traballo posto na elaboración dos lapbooks:



Aprenderon moito do tema de man de dous cociñeiros profesionais, un avó e unha veciña do concello cociñeira de Salvamento Marítimo:






Ata que se convertiron en auténticos chefs:




E dende a biblioteca non queremos deixar de recomendarvos algunhas das obras que serviron a estes cociñeiros e cociñeiras para aprender vocabulario, investigar sobre a cociña e elaborar as súas deliciosas receitas:

Para coñecer vocabulario: Os Bolechas. A Cociña.  Pepe Carreiro. Bolanda. 
Para aprender fantásticas receitas: Cociñando con bolboretas no bandullo. Diana Fernández e David Díaz. Xerais.

Para pasar un bo rato lendo:

O cociñeiro MartiñoIago López. Xerais.

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Iago López. Xerais.

Correo urxente. Paula Carballeira. Rodeira.

E aquí atopamos algunha idea para crear divertidas receitas e menús:

Cuadernitos de escritura divertida. Hematocrítico e Olga Capdevila. Blackie books. 

Que aproveite!

martes, 11 de junio de 2019

Campaña electoral

Nas aulas de lingua galega de 5º e 6º  metémonos na pel dos representantes políticos e vivimos unha auténtica campaña electoral. Constituimos os nosos partidos, eliximos os cargos nos mesmos e puxémonos mans á obra na confección e difusión dos nosos programas de mellora na escola. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado:
  • Nomes , logotipos e slogans dos partidos:
          AIDA
         PASE
         PIO
  • Programa Político:
       AIDA 

TEXTO- Programa AIDA



        PASE
https://drive.google.com/file/d/1Qu_blPmUg27Wo92dsBNPK5j4GbLTlAj1/view?usp=sharing


         PIO


https://drive.google.com/file/d/1-QtCuOKQ-BQwWtE66baSpyQka6aoNFLP/view?usp=sharing

TEXTO- Programa PIO




  •     Carteis electorais


    AIDA


       PASE





       PIO



  • Vídeo resumo do proceso

    AIDA

    PASE 
  • PIO
 

sábado, 8 de junio de 2019

Bombazo Informativo

O xornal de Louro "Bombazo Informativo" xa está aquí!!!Queremos agradecer a todos os xornalistas de 1º, 2 º e 3º todo o seu traballo de investigación!!!

lunes, 3 de junio de 2019

O xornal II

Despois da análise que fixemos do xornal " La Voz de Galicia" non podíamos quedarnos sen facer o noso e poñer en práctica o aprendido este curso.
A continuación mostramos o proceso de creación do noso xornal "Bombazo Informativo".
A ENTREVISTA 
A continuación presentamos a canción que Sarah compuxo para nós:
 

NOTICIA A PARTIR DUNHA ENQUISA 

OUTRAS SECCIÓNS DO XORNAL

lunes, 27 de mayo de 2019

Día Internacional do Medioambiente

O vindeiro día 5 de xuño, Día Internacional do Medioambiente, sumarémonos á iniciativa do movemento "Teachers for future" coa colaboración de National Geographic, de visionado do documental  Before the Blood  , coa intención de concienciar e reflexionar sobre o cambio climático nas aulas.


Celebracións

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
"As palabras máis fermosas do galego"
Segundo o Dicionario da Real Academia Galega , é fermoso aquilo que produce unha sensación agradable á vista, ao oído ou , en xeral, que provoca precer espiritual. A nosa lingua está chea de palabras fermosas, que nos chaman a atención polo seu ritmo, pola dozura do seu son, , polo recordo que evocan no noso corazón...

Durante este mes das letras, eliximos as palabras máis fermosas do galego para a nosa comunidade educativa. Todo o alumnado, familias e docentes, participaron presentando as palabras que consideran máis fermosas da nosa lingua. E aquí temos o resultado.
DÍA DO LIBRO