martes, 25 de junio de 2019

Cociñando a lingua!

No proxecto dinamizado dende a área de lingua galega do 3º trimestre, os compañeiros e compañeiras de 3º decubriron o mundo da cociña: traballaron vocabulario e expresións galegas; fixeron lapbooks para difundir e normalizar este vocabulario na escola infantil; recolleron as receitas favoritas das súas casas; escribiron receitas "asquerosas" , tiveron a visita de dous cociñeir@s profesionais na aula aos que entrevistaron e cos que prepararon deliciosos pratos... Esta é unha mostra do seu percorrido polo fascinante mundo dos fogóns:


O libro cociña de aula:
Nel atoparedes as receitas que cociñaron na aula así como os pratos estrela en cada unha das súas familias. Animádevos a probar estas fantásticas receitas!!!

Publish at Calameo

Lapbooks para traballar en infantil o vocabulario da cociña e dos alimentos:





Así foron recibidos na escola infantil:



Unha mostra do entusiasmo e traballo posto na elaboración dos lapbooks:



Aprenderon moito do tema de man de dous cociñeiros profesionais, un avó e unha veciña do concello cociñeira de Salvamento Marítimo:






Ata que se convertiron en auténticos chefs:




E dende a biblioteca non queremos deixar de recomendarvos algunhas das obras que serviron a estes cociñeiros e cociñeiras para aprender vocabulario, investigar sobre a cociña e elaborar as súas deliciosas receitas:

Para coñecer vocabulario: Os Bolechas. A Cociña.  Pepe Carreiro. Bolanda. 
Para aprender fantásticas receitas: Cociñando con bolboretas no bandullo. Diana Fernández e David Díaz. Xerais.

Para pasar un bo rato lendo:

O cociñeiro MartiñoIago López. Xerais.

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Iago López. Xerais.

Correo urxente. Paula Carballeira. Rodeira.

E aquí atopamos algunha idea para crear divertidas receitas e menús:

Cuadernitos de escritura divertida. Hematocrítico e Olga Capdevila. Blackie books. 

Que aproveite!

No hay comentarios:

Publicar un comentario