viernes, 29 de enero de 2021

#ODS 16 - PAZ , XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS

Hoxe, 29 de xaneiro, celebramos o Día da Paz , aínda que a data de celebración é mañá día 30. Seguindo coa nosa actividade, "17 lecturas para 17 obxectivos", fixemos a lectura do libro "Imagine" para traballar o obxectivo da "Paz, xustiza e institucións sólidas".

 


Dúas alumnas de 6º, Laura e Adri ,que tamén forman parte do programa de voluntariado, son as encargadas de facer a lectura , en inglés e castelán. O texto do libro é a canción de "Imagine" de John Lennon.

Aquí está a gravación da lectura que proxectamos na biblioteca para todas as aulas:

Pero as cancións hai que cantalas... e aquí o alumnado de 4º, 5º e 6º , con máscaras e ventilación, animouse a compartir este momento con todos nós.

O libro , a temática e o compositor, John Lennon, fixeron que durante estas últimas semanas investigáramos e traballásemos desde diferentes áreas: lingua estranxeira, plástica e música. Texto e pronunciación, coñecemento do compositor e do grupo "The Beatles", así como algunha actividade artística, e moita gravación e ensaio que temos que agradecer á profe Elvira.

 Nun dos ensaios...

"The Beatles"

Os alumnos das outras aulas quedaron encantados coa actuación dos seus compañeiros maiores e coa lectura do conto, mirade os peques!!!
 
Que animados!!

E aquí as fotos dos diferentes pases:





No hay comentarios:

Publicar un comentario